Os lodos en depuradoras mantéñense a pesar do parón da economía

A empresa Tyrma da planta de reciclaxe de Touro (A Coruña) doa dúas toneladas de material para fabricar traxes sanitarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2020 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

Os residuos que xeran as depuradoras de augas residuais (EDAR) mantivéronse estas semanas a pesar do parón en actividades que consomen un gran volume de auga como hoteis, restaurantes e oficinas. Así o destaca a través dun comunicado a empresa de economía circular Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste (TEN) que opera na planta de valorización ambiental de Touro-O Pino.

Deste xeito, sentencian que "todo apunta" a que, a pesar do parón en determinadas actividades pola crise do coronavirus, o consumo total de auga non se reduciu. A empresa TEN dedícase a reutilizar estes lodos de depuradoras para, a través de procesos de compostaxe, convertelos en fertilizantes para uso agrícola e tecnosoles para recuperación de espazos degradados.

"A retirada e a xestión destes lodos é esencial para que as depuradoras poidan seguir a pleno rendemento xa que a EDAR non teñen capacidade para iso", destacou o xerente de TEN, David González.

DOAZÓN DE MATERIAL

A planta de reciclaxe do Centro de Valoración Ambiental de Touro-O Pino, Tecnoloxía e Reciclaxe de Materiais (Tyrma), doou dúas toneladas de granza á empresa Makroplas para a fabricación 10.000 traxes de plástico de protección para o persoal sanitario.

Nun comunicado, Tyrma explica que a granza é o material resultante do proceso de realizaxe que leva a cabo na planta de Touro, que "segue a pleno rendemento reciclando o plástico agrícola e da recollida de residuos urbanos dos municipios galegos".

Ademais, apunta que esta doazón se suma ás doutras compañías do centro de Touro-O Pino como Explotacións Galegas, F. Gómez e Cía. e Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste (TEN) realizadas nas últimas semanas ao Concello de Touro e á residencia de maiores 'Os Tercios', que recibiron "máis de 6.000 EPI e centenares de materiais de protección como lentes, gorros e traxes".

Por último, Tyrma expresa a súa solidariedade con todos os afectados polo virus e o seu apoio aos profesionais sanitarios e de actividades esenciais.

Os residuos proceden de depuradoras maiormente
Os residuos proceden de depuradoras maiormente | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta