Críticas á USC por unhas xornadas sobre a COVID-19 con nula presenza feminina

Compostela Aberta emitiu un comunicado tachando de "inadmisible" esta decisión e pediu á USC que rectifique a configuración do ciclo de relatorios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Un ciclo de diálogos impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela suscitou a polémica nas redes ante a nula presenza feminina entre os diferentes participantes, que analizarán diferentes perspectivas e consecuencias da crise provocada polo coronavirus.

Trátase do ciclo de diálogos 'COVID-19: Hoxe xa é o día despois', no que diferentes expertos abordarán cuestións como a recuperación económica, os dereitos fundamentais, a renda mínima ou a situación da educación durante a pandemia.

As críticas xurdiron pola composición dos relatores: dun total de 10, todos os expertos participantes son homes e non se conta coa participación de ningunha muller especialista nalgún dos campos tratados.

A concelleira Marta Lois, de Compostela Aberta, lamentou a "vergoña allea" que lle produce este cartel "sen mulleres". "Non somos seica capaces de reflexionar e achegar? Decisión lamentable dos organizadores. Fraco favor á institución".

Os reproches da portavoz política foron apoiados por outras representantes do panorama social e político.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, considerou "esgotador que nunca pensen nas expertas", e Dolores Vilavedra (do Consello da Cultura Galega, entre outras institucións), instou os organizadores a rectificar.

Outras críticas puxeron o acento, ademais, na ausencia da lingua galega nas xornadas, como o escritor, profesor e expresidente da Mesa, Carlos Callón. "Sen mulleres e sen lingua galega. Canto se reiteran as mesmas exclusións!".

O grupo municipal de Compostela Aberta emitiu un comunicado tachando de "inadmisible" esta decisión e pediu á USC que rectifique a configuración do ciclo de relatorios, que "atenta contra os propios estatutos da institución" de fomento da igualdade e do pluralismo.

Cartel das charlas da USC polo COVID. USC
Cartel das charlas da USC polo COVID. USC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

En español incorrecto: "el día después" es "el día siguiente" (xa o dicía Siniestro...)

1 Ramón L. Facal

Nin mulleres, nin lingua galega, nin persoas que se dedican profesionalmente a investigar en educación