A CIG denuncia un "ERE encuberto" nos servizos de limpeza de Alvedro e Rosalía de Castro

Esta decisión "unilateral" tómase a pesar de que se trata de traballadores "imprescindibles para salvagardar a saúde do conxunto do persoal destes aeroportos e dos seus futuros usuarios".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2020 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

A CIG Servizos denunciou a decisión de Aena de aplicar un ERTE aos servizos de limpeza dos aeroportos Rosalía de Castro, en Santiago, e Alvedro, que "pon en perigo 30 postos de traballo" no que o sindicato considera un "ERE encuberto".

Esta decisión "unilateral", explica a CIG, tómase aínda a pesar de que se trata de traballadores "imprescindibles para salvagardar a saúde do conxunto do persoal destes aeroportos e dos seus futuros usuarios".

No caso do aeroporto compostelán Rosalía de Castro, a CIG denuncia que esta "drástica redución provocará que non se poidan aplicar todos os protocolos decretados a consecuencia da emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19".

Ademais, o sindicato denuncia que Aena "quere facer negocio a conta dos traballadores e traballadoras, impondo un baremo de desafección, que é unha estafa pura e dura". "Pídenlles aos traballadores que regresen ao traballo co 100% da xornada con máis de 180.000 pasaxeiros, cando xa estaban a traballar o 100% da súa xornada pero con 130.000 pasaxeiros", destacan.

Con esta decisión de Aena, afirman, o servizo "diminuirá, pasando de 32 a 3 traballadoras, nun momento crítico coma este, cando o que deberían facer é xusto o contrario, reforzar a limpeza".

Do mesmo xeito, a CIG denunciou tamén a "situación de incerteza" na que están os traballadores de Alvedro, onde "Aena nin sequera marcou uns cocientes de desafección do ERTE, deixándoo a criterios subxectivos".

Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela)
Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta