Allariz anima a celebrar os maios dende as casas

A Área de Cultura do Concello convoca un concurso virtual para non perder unha tradición que se está a recuperar con forza nesta vila. Este ano desenvolverase a través dun concurso nas redes sociais do concello.

Por X.M. Fernández | Allariz | 01/05/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O concurso consistirá na confección dun maio na casa. Poderá ser enxebre ou artistico, e os materiais permitidos serán os que manda a tradición como por exemplo a madeira, a tea de saco, brión, bugallos, xestas ou flores… Tamén se pode participar cun maio no que se empreguen materiais de reciclaxe que haxa nas casas.

Cartel Os Maios 2020
Cartel Os Maios 2020

Os interesados e interesadas deberán enviar ao correo de cultura@allariz.com tres fotos do proceso de creación dos seus maios. A primeira foto deberá ser dos materiais que van empregar, a segunda do proceso de creación do seu maio e a terceira do resultado final. No correo deberán indicar o nome e o número de teléfono, e o no asunto "Maios 2020". O prazo de presentación remata o 3 de maio.

Ademais da obra floral, aqueles que participen poden engadir unha copla e facela chegar no mesmo correo coas fotos do seu maio.

O veredicto do xurado, que estará integrado por persoas que a Área de Cultura designará para esta función, será emitido o luns 4 de maio. Os gañadores deste concurso virtual terán como premio 3 bonos regalo para gastar no comercio local de Allariz. O primeiro consistirá nun bono de 100€, o segundo nun de 80€ e o terceiro nun de 60€, bonos que poderán facer efectivos cando os establecementos retomen a súa actividade normal.

Concello de Allariz
Concello de Allariz | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta