Neste Día da Danza báilase na rede

As biblicotecas súmanse ao Día da Danza con contacontos e coreografías nos seus espazos virtuais.

Por E.P. | A CORUÑA | 29/04/2020 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

As bibliotecas municipais sumáronse á celebración do Día Internacional da Danza cunha xornada durante todo o día con referencias á arte nos seus espazos virtuais.

Co lanzamento da campaña 'Ao paso dos versos', os centros municipais queren unirse "a aquelas persoas que nestes días non tiveron motivos polos que bailar, pero que atoparon unha razón para facelo".

Nos seus blogues e a través de redes sociais, abordarán contidos dirixidos a todos os públicos, como contacontos e coreografías, coa danza como fío condutor e contemplada desde diversas perspectivas.

As bibliotecas municipais da Coruña celebran o Día da Danza. CONCELLO DA CORUÑA
As bibliotecas municipais da Coruña celebran o Día da Danza. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta