Denuncian que unha usuaria da residencia de Celanova que deu negativo continúa na "planta de Covids"

Desde o BNG local din que algunhas fontes "explican que o cambio de planta non se fixo porque non quedan habitacións libres".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O BNG de Celanova  denunciou este mércores que unha usuaria da residencia de anciáns que deu negativo na proba de coronavirus continúa situada "na planta de Covids" pola "falta de habitacións".

A familia desta usuaria, que "lanzou onte a alerta", trasladou ao BNG que a encargada eventual do centro comentáralles que a muller estaba a ser atendida "seguindo un protocolo da UME" e que as traballadoras "se cambian de roupa entre esa habitación e as outras".

Algunhas fontes, explican desde a formación nacionalista, explican que o cambio de planta non se fixo porque non quedan habitacións libres" despois de que volvesen a Celanova parte dos usuarios trasladados a Baños de Molgas.

Sete semanas despois de que se declarase o brote de COVID-19 nesta residencia, explica o BNG, "os residentes están distribuídos en 4 centros diferentes e ningún destes espazos é un centro 'limpo'" da enfermidade, denuncian.

Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- que está a ser desinfectada for efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Celanova (Ourense, Galicia).. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo
Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- que está a ser desinfectada for efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Celanova (Ourense, Galicia).. Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta