Enfermeiras eventuais denuncian diferentes tipos de contratos do Sergas segundo a área sanitaria

O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita acusa ao Sergas de "aproveitarse da posibilidade de renovar a xente que está con contrato" e "saltarse a orde nas listas de contratación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita denunciou a existencia de diferenzas nas contratacións do Servizo Galego de Saúde (Sergas) segundo as diferentes áreas sanitarias.

Nun comunicado remitido aos medios, o colectivo acusa ao Sergas de "aproveitarse da posibilidade de renovar a xente que está con contrato" e "saltarse a orde nas listas de contratación".

Todo iso, indica, "sen informar adecuadamente aos seus traballadores", que dous días antes do inicio do novo contrato seguen sen saber "onde e como" desempeñarán os seus traballos.

Así mesmo, o colectivo denuncia que profesionais con acumulación de tarefas que desempeñan os seus labores en plantas COVID tampouco non saben como e cando traballarán no mes de maio. "Non só falamos de persoal de reforzo senón de profesionais que están a cubrir ocos libres", avisan.

Ante estas cuestións, esixen ao Sergas "transparencia e coherencia", así como a estabilización das prazas e o respecto á orde das listas para garantir a igualdade.

Imaxe da IV Marcha de Enfermeiras eventuais por Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe da IV Marcha de Enfermeiras eventuais por Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta