Cataluña, Valencia ou Asturias rexeitaron os test que a Xunta utiliza no seu estudo epidemiolóxico

De feito, a Generalitat catalá ordenou a súa paralización pola súa “pouca sensibilidade”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/04/2020 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Os poucos casos positivos detectados nas máis de 22.000 probas realizadas pola Xunta no seu estudo epidemiolóxico fixeron saltar todas as alarmas. Os colexios médicos apuntaron dúas posibilidades, ou ben os test utilizados son defectuosos ou a circulación do coronavirus en Galicia foi escasa.Con todo, hai precedentes noutras autonomías de erros graves nestes test e, algunhas como Cataluña, decidiron xa retiralos.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Parte dos test que utiliza a Xunta nestes estudos –Feijóo suliñou este martes que eran 21.000 dos 50.000 que utilizan na primeira fase-- son dos que mandou o Goberno central remitiu hai unhas semanas. Feijóo recoñecía hoxe que os datos obtidos en Galicia confirman que hai “moi poucos positivos”, pero confiaba nas probas porque insistía “son para realizar estudos epidemióloxicos e non para facer diagnósticos”.

Con todo, Cataluña paralizou xa o pasado 18 de abril as probas cos test serolóxicos enviados polo Goberno central pola súa baixa sensibilidade. O Instituto Catalán da Saúde (ICS) decidiu suspender a súa distribución tras detectar que a sensibilidade era “moi inferior” á validada polo Instituto Carlos III nestas probas.

“A pesar de que a validación realizada polo Instituto Carlos III daba unha sensibilidade global do 66,3%, que podía ser superior en casos de maior evolución da enfermidade, cando se comezaron a usar na práctica diaria, parece que esta sensibilidade é moi inferior”, apuntaba o ICS ao referirse a estes test da marca chinesa Wondfo.

Pouco despois tamén o laboratorio de viroloxía do Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA) tamén alertaba sobre este tipo de probas e apostaba por realizar as PCR. Por iso, o goberno autonómico decidiu paralizar as mostras enviadas á totalidade das residencias de anciáns do principado.

E fai uns días, a subdirección de Aprovisionamento da Consellería de Sanidade da Generalitat de Valencia advertía que non se podían facer as probas para o Estudo Nacional de Epidemioloxía sobre o alcance do Covid-19 xa que “faltaban pezas” nos kits enviados para poñer en marcha a recolección de datos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Berta Uriel

Cuando todo el mundo se llena la boca pidiendo test test test no se da cuenta que la mayoría son tes con una escasa validez , por lo tanto no se pueden hacer a lo loco y a todo el mundo y para cualquier cosa incluso si se magnifican sus resultados pueden llevar a decisiones erróneas , incluso el PCR puede dar en la práctica diaria muchos falsos negativos , hay que combinar con otros criterios la interpretación . Test si pero no son la panacea ni comparto lo de test masivos . Si estudio de seroprrvalencia del ministerio , si diagnóstico a mínimos síntomas si contactos y si residencias . En estos casos incluso será necesario usar varios tipos de test en la misma persona para poder llegar a conclusiones

1 Gamela

Nin á mantenta o farían pior ! E non será que o están a facer á mantenta ? Dende o primeiro minuto todo foi unha película de terror, pero a Autoridade Única segue empecinada en manternos baixo Estado de Alarma per sécula seculorum...