Marlaska nega que "España sexa un estado policial" e di que se multa aos "insolidarios"

As Forzas de Seguridade fixeron 805.875 propostas de sanción e arrestado a 7.183 desde o estado de alarma. "Non multamos por ánimo recadatorio se non por garantir a saúde pública", asegura.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 29/04/2020 | Actualizada ás 21:39

Comparte esta noticia

O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, sinalou este mércores que "adaptará" os dispositivos policiais para realizar "controis específicos" na fase de desescalada que contempla progresivos alivios no confinamento polo COVID-19. Con todo, defendeu que, a pesar das 800.000 multas contra "insolidarios" que non respectan as restricións de mobilidade, "España non é un Estado policial".

"Haberá que ser moi estrito cando hai unha política de asimetría", dixo sobre o plan de desescalada por provincias e con varias fases en cada unha. "A mobilidade e o control interterritorial vai ter un elemento transcendental en termos de garantir a saúde pública", continuou Grande- Marlaska, remiso a falar de "multas nin de cantidades" ao soster que non hai un "fin recadatorio".

Nunha rolda de prensa en Moncloa xunto ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, o titular do Interior mencionou os casos de reincidentes --sen precisar a cifra ou facilitar unha porcentaxe sobre o total-- do cómputo de detidos e propostas de sanción desde que entrou en vigor o estado de alarma aprobado o 14 de marzo. Ata o 28 de abril, son xa 805.875 propostas de sanción e 7.183 arrestados.

Varias das preguntas viraron sobre se haberá máis controis e axentes na rúa, así como se se manterá a política de sancións no caso de incumprirse, por exemplo, a prohibición de desprazarse entre provincias. Interior orientou á delegacións do goberno para que as multas oscilasen entre 601 e 10.400 euros, cunha proposta de 1.500 euros para os que se desprazasen a segundas residencias.

Grande- Marlaska avisou que esta nova fase require de "máis esforzo" a pesar do cansazo acumulado, aludindo en varias ocasións a que a prioridade é garantir a "saúde de todos". Neste sentido, dixo que unidades como a Agrupación de Tráfico e a DXT adaptarán os seus dispositivos. "O noso esforzo é total", sinalou.

Control policial durante a pandemia
Control policial durante a pandemia | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta