Promoven unha rede veciñal de apoio mutuo na Coruña, con máis de 5.000 persoas atendidas

Veciños din que a pandemia "está a aumentar a situación de precariedade de moitas familias da Coruña" e que, para enfrontar esta crise, creouse esta rede.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/04/2020 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

Máis de 5.000 persoas foron atendidas na Coruña desde o inicio do estado de alarma a través dos Grupos de Apoio Mutuo (GAM), unha rede veciñal creada para atender ás familias vulnerables, dar apoio aos comercios locais ou fabricar e repartir máscaras, entre outras accións.

Así o explican nun comunicado, no que subliñan que a pandemia "está a aumentar a situación de precariedade de moitas familias da Coruña" e que, para enfrontar esta crise, creouse esta rede. "Formada por veciños e veciñas que desde o comezo da súa actividade colaboraron de maneira voluntaria para atender problemáticas xurdidas desta situación de emerxencia".

Ata a data, segundo explican "case un centenar de familias están a ser atendidas nas súas necesidades alimentarias e de emerxencia (alimentos frecos, cueiros para bebés, butano...", citan como exemplos.

Ademais, os diferentes grupos de traballo nos que se organizan os GAM, por barrios e por liñas de acción, colaboran tamén "con máis de 55 comercios locais da Coruña para potenciar unha rede alternativa ás grandes superficies, apoiando aos pequenos comerciantes e evitando aglomeracións nos supermercados".

Outras das súas actividades céntranse en buscar solucións ao problema de vivendas para inquilinos con dificultades para pagar o aluguer. Tamén repartiron máis de 3.000 máscaras gratuitas elaboradas polo grupo 'Cose na Casa' e entregadas a distintas entidades, residencias de maiores, comercios locais, farmacias ou familias en situación de risco. A iso, sumáronse iniciativas de "acompañamento emocional" a máis de cen persoas.

Voluntarios traballan na sede do Banco de Alimentos de Vigo. FUNDACIÓN PROVINCIAL BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO
Voluntarios traballan na sede do Banco de Alimentos de Vigo. FUNDACIÓN PROVINCIAL BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta