O goberno de Feijóo diminuiu 900 camas en hospitais desde a época do bipartito

Só entre o 2017 e 2018 reduciu un 30% as camas nos centros hospitalarios

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Galicia contaba en 2018 con 8.975 camas en funcionamento en hospitais do Sergas, o que supón 30 menos que en 2017 --había 9.005--, e case 900 que no 2018, en pleno goberno do bipartito PSdeG-BNG que presidía o socialista Emilio Pérez Touriño.

Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias
Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias | Fonte: xunta.gal

Segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE), nas camas instaladas hai unha alza de 41 en 2018, ata un total 9.978, pero as que están en funcionamento baixan a 8.975, de forma que supoñen case 900 menos que as que había unha década antes, pois en 2009 eran 9.863.

Hai 3,32 camas en funcionamento por cada 1.000 habitantes en 2018, mesma cifra que en 2017. O grao de ocupación é do 74,77% --era do 74,48% un ano antes--. Os establecementos sanitarios con réxime de internado --que forman parte de complexos hospitalarios-- tamén van á baixa en 2018, xa que son 36, fronte aos 37 do ano anterior. En cambio, hai un quirófano máis e alcánzanse os 283.

Pola súa banda, existe un avance do 2% no persoal total contratado ata un total de 33.208 efectivos. Hai 5.468 sanitarios facultativos (114 máis que en 2017); 19.346 sanitarios non facultativos (518 máis); 8.394 son persoal non sanitario (56 máis); e 1.206 persoal en formación (dúas menos), como poidan ser o MIR. Mentres, as cirurxías foron 286.374 (+2,8%). As consultas externas tamén creceron sobre un 2% e situáronse en 5.711.339 en 2018.

AUMENTO DE GASTOS

O total de compras e gastos elevouse ata case 2.737 millóns de euros (+4%), segundo os datos publicados este xoves o Instituto Galego de Estatística.

Os gastos correntes por cama en funcionamento son 305.000 euros. Cada estancia supón 1.117 euros --a media é de algo máis de sete días-- e cada alta 8.170 euros --os enfermos dados de alta en 2018 foron 334.953--. Este tres indicadores van á alza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta