Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/04/2020 | Actualizada ás 11:47
Xoana vén de presentar o videoclip de "Un Salvavidas", un traballo "ideado, gravado e editado durante a corentena por causa da COVID-19 e respectando as medidas do confinamento", explica a propia artista.
"É unha mostra de que a creación cultural non descansa e tamén unha demanda dunha maior promoción e apoio da mesma", reivindica a autora.
Todas as imaxes do videoclip filmáronse a través da cámara dun móbil e os catro escenarios foron recreados na casa de Xoana, unha artista comprometida coa lingua galega e a súa promoción coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae, como deixou constancia no seu primeiro disco, 'Dardos'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.