Intensificación dos controis policias ante o temor a desprazamentos masivos na ponte de maio

As Forzas e Corpos de Seguridade temen que poida haber movementos cara a segundas residencias.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/04/2020 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

As Forzas e Corpos de Seguridade intensificarán os controis este fin de semana para evitar desprazamentos inadecuados a segundas residencias, segundo informa a Subdelegación do Goberno na Coruña.

A súa máxima responsable, Pilar López-Rioboo, apela á "conciencia social" para remarcar a necesidade de "respectar" o estado de alarma "e non relaxar as normas de comportamento establecidas para conter o virus COVID-19".

Co obxectivo de supervisar este cumprimento, tanto Garda Civil como Policía Nacional e policías locais reforzarán os seus dispositivos durante este fin de semana, coincidindo coa festividade do 1 de maio. "Para evitar actitudes irresponsables e anómalas", a subdelegada do Goberno na Coruña fixo un chamamento aos cidadáns para que manteñan "o seu alto grao de cumprimento das normas e sobre todo a non relaxarse no seu comportamento".

NON DAR "PASOS ATRÁS"

A pesar do descenso no número de afectados, lembra que "aínda queda moita loita contra o virus" e que non é posible "baixar a garda para que non se faga necesario dar pasos atrás".

Por iso, insistiu na necesidade de manter "o elevado cumprimento das medidas establecidas polo Goberno para evitar a propagación do virus, tal como se veu facendo na provincia coruñesa xa que a conciencia social sobre a importancia da emerxencia serviu para lograr un adecuado comportamento da poboación".

Na mesma liña, incide na importancia de "intensificar este esforzo" polo que apela "á unidade" para loitar contra esta pandemia. En especial, fai un chamamento para cumprir coas restricións establecidas en canto a mobilidade para os próximos días, coincidindo coa festividade deste venres e coas primeiras medidas adoptadas para o paseo dos menores de 14 anos, para "non perder o avanzado ata agora".

Control da Policía Nacional en Vigo polo estado de alarma
Control da Policía Nacional en Vigo polo estado de alarma | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta