Este sábado poderase saír á rúa para pasear e facer deporte pero por franxas horarias

Finalmente, o Goberno central porá en marcha a medida a fin de semana e non despois. Feijóo defende a medida.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 30/04/2020 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O Goberno fixará franxas horarias para a saída da poboación á rúa a partir do próximo sábado día 2, cando se permita saír ás familias a pasear e a facer unha hora de deporte de maneira individual.

Segundo informa Moncloa, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, adoptou esta decisión que se porá en marcha a partir do sábado, durante a reunión do Comité técnico para a desescalada, celebrado esta mañá e "a tenor dos datos que mostran a boa evolución da pandemia en España".

Salvador Illa dará conta dos detalles da orde ministerial que determinará ditas franxas horarias, que suporán novas medidas de alivio para a poboación, dentro do confinamento establecido no decreto de Estado de Alarma.

Esta será a segunda medida de alivio que establece o Goberno, despois de que autorizase saír aos nenos a partir do domingo pasado, o que xerou algunhas esecenas de certa aglomeración nalgúns lugares. Aínda que o propio Goberno dixo que foron en casos puntuais e non xeneralizado.

Un cativo dá un paseo acompañado dunha persoa adulta
Un cativo dá un paseo acompañado dunha persoa adulta

FEIJÓO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considerou "prudente" desde o punto de vista sanitario que o Goberno central estableza franxas horarias durante os primeiros días de saídas á rúa.

Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico asegurou que este sistema "dá máis seguridade" polo menos "para os primeiros días". Con todo, recoñeceu que unha medida destas características "sempre deixa sen atender as especificidades de todas as familias", cuestión que asegurou lamentar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta