Nace #UnBaileUnQuilo: por cada baile que se comparta nas redes, doarase un quilo de alimentos

Esta é a campaña que bota a andar a Banda de Música da Arca xunto con Eroski e o Banco de Alimentos das Rías Altas e Cáritas de Arca.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Banda de Música de Arca lanza unha campaña - o #MozosChallenge - para recaudar alimentos para o Banco de Alimentos das Rías Altas e Cáritas de Arca. Faino baixo o auspicio do Eroski City de Arca e Vegalsa Eroski e logo do éxito colleitado co vídeo en corentena da muiñeira Mozos do Penedo que lanzaron hai pouco máis dunha semana.

Vídeo presentación da campaña solidaria da Banda de Música de Arca
Vídeo presentación da campaña solidaria da Banda de Música de Arca | Fonte: Facebook

A estas alturas roza xa as 4.000 reproducións na súa canle de YouTube. Foi tal a repercusión da versión desa coñecida muiñeira interpretada polas músicas e músicos da Banda de Música de Arca e acompañados polos máis pequenos da escola e os traballadores dos supermercados, que a iniciativa "non podía quedar aí", anuncian dende a Banda.

#UNBAILEUNQUILO

Por iso mesmo, e "conscientes de que "son tempos difíciles", a Banda de Música da Arca bota a andar agora unha iniciativa solidaria que leva por título #UnBaileUnQuilo. "Por cada baile que se comparta nas redes (Facebook ou Instagram) etiquetando á Banda de Música de Arca e incluíndo os dous hashtags da campaña (#UnBaileUnQuilo e #MozosChallenge) a cadea de

supermercados doará un quilo de alimentos".

Os alimentos conseguidos durante a duración da campaña irán destinados ao Banco de

Alimentos das Rías Altas e a Cáritas de Arca, dúas organizacións que xa traballan activamente no Concello do Pino.

Para animar á participación no challenge, a Banda de Música de Arca vén de publicar tamén uns cantos pasos de muiñeira para arrancarse a bailar!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta