Homenaxe no CHUAC ao persoal de enfermaría, celadores e auxiliares

Fíxose en resposta a unha petición da Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias (SEMICYUC).

Por E.P. | A CORUÑA | 30/04/2020 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Médicos da Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) renderon unha homenaxe ao persoal de enfermaría e auxiliares, así como celadores,respondendo a unha petición feita desde a Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias (Semicyuc).

Fixérono a media mañá exhibindo por parellas distintos carteis nos que se podía ler: 'todo o persoal médico da UCI do Chuac queremos agradecer a enfermeiras, auxiliares e celadores o gran traballo realizado nesta pandemia. Moitas grazas polo voso labor". A continuación, expresaron con aplausos este agradecemento.

O xefe do Servizo da UCI do Chuac, David Freire, remarcou o "desafío extraodinario" que supón a COVID-19 nun contexto de "sobrecarga" de traballo. Con todo, destacou o "gran labor profesional" de todos os colectivos e, especialmente, dos hoxe homenaxeados.

Tamén incidiu nas condicións de traballo con pacientes "moi graves". "Máis do 97% necesitan soporte respiratorio invasivo, intubados e, se isto xa non é pouco, tendo que polos boca abaixo", un cambio que esixe "ata catro e cinco persoas", explicou para enxalzar o labor do persoal non médico. A iso, sumou a situación de pacientes que necesitan tamén dispositivos de monitorización ou estar conectados a máquinas de diáleses.

Pola súa banda, Fernando Mosteiro, un dos médicos da UCI,cualificou de "terrible" a "sobrecarga" nestas unidades. No entanto, subliñou que este traballo fixo aflorar, á súa vez,"sentimentos e actitudes moi positivas sobre todo por parte de persoal de enfermaría, celadores e auxiliares enfermaría", á vez que enxalzou o "compañeirismo e o traballo en equipo".

Médicos da UCI renden unha homenaxe a persoal de enfermaría, auxiliares e celadores polo seu traballo na pandemia. CHUAC
Médicos da UCI renden unha homenaxe a persoal de enfermaría, auxiliares e celadores polo seu traballo na pandemia. CHUAC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta