Temas: CORONAVIRUS CIG

A CIG esixe que se manteñan os reforzos de persoal sanitario ata que os contaxios baixen do 1%

Outras condicións que cre necesarias é que o 50% das camas UCI estean libres ou que a taxa de incidencia non supere os dous casos novos por cada 100.000 habitantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

A CIG-Saúde esixiu este xoves ao Sergas que "manteña os reforzos de persoal" mentres quenon se cumpran os parámetros recollidos no documento de recomendacións sanitarias para a estratexia de transición, do Centro de Coordinación de Alertas, como que a taxa de contaxios estea por baixo do 1%, que o 50% das camas UCI estean libres ou que a taxa de incidencia non supere os dous casos novos por cada 100.000 habitantes.

Sanitario con E.P.I.
Sanitario con E.P.I. | Fonte: © Miguel Núñez.

Do mesmo xeito, o sindicato apunta que neste documento se inclúen unha serie de medidas a implantar na sanidade pública "con carácter permanente e estrutural" e que, destacan, "son materia de negociación do ámbito da mesa sectorial".

Neste sentido, a central sindical entende que "para a implantación de todas estas medidas será necesario un incremento no número de profesionais de maneira estable" e esixe a negociación "urxente" do Plan de Ordenación de Recursos Humanos para "identificar as necesidades asistenciais" e "dotar aos profesionais necesarios con vínculo de estabilidade".

En canto a outro tipo de medidas, desde a CIG esixen incrementar as camas de hospitalización e as camas de UCI con persoal propio, protocolos específicos de saúde laboral en función do risco e formación e dotación do material necesario.

Así mesmo, en Atención Primaria, esixen "reforzar a capacidade diagnóstica", organización de circuítos separados para a atención presencial das persoas con síntomas respiratorios, a potenciación da consulta telefónica e a atención domiciliaria ou o reforzo no número de traballadores, entre outras cuestións.

Temas: CORONAVIRUS CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta