Educación non acumulará as prazas de oposicións de 2020 á oferta de 2021, agás que o permita o Goberno central

Alega que a normativa actual non permite acumular as prazas de profesorado deste ano e as da oferta do próximo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A normativa actual non permite acumular as prazas de profesorado deste ano e as da oferta de 2021. Así llo trasladou a Xunta aos sindicatos docentes, con motivo da reunión telemática da mesa sectorial para analizar o adiamento das oposicións ao próximo exercicio.

Mesa sectorial de Educación sobre a OPE
Mesa sectorial de Educación sobre a OPE | Fonte: Xunta.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, apuntou a imposibilidade legal de acumular ambas as ofertas de emprego, polo menos de momento, debido a que a normativa aplicable sería diferente en cada unha delas.

A pesar diso, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional mostrouse disposta a analizar esta posibilidade no caso de que o Goberno central impulsase as modificacións necesarias e convocará de novo aos sindicatos para estudar ese hipotético escenario.

A OPE de 2020, aprazada debido á crise sanitaria, convocouse ao amparo dun acordo de estabilización entre sindicatos e o Goberno central que foi subscrito no ano 2017. A raiz deste pacto, permitiuse ofertar prazas por encima do número de xubilacións a través dunha modificación da normativa, co obxectivo de reducir a temporalidade nos cadros de persoal.

Esta norma modificada esgota xa o seu período de vixencia, polo que para poder acumular as 3.654 prazas de 2021 na OPE de 2021 necesitaríase unha prórroga que ampliase a aplicación deste real decreto polo menos durante un ano.

DOUS ESCENARIOS

A mesa sectorial deste xoves abordou dous escenarios: ou se renuncia á convocatoria aprazada, co risco de que perder unha porcentaxe das prazas convocadas ao amparo do acordo de estabilización; ou se mantén a proposta nos termos actuais á espera dunha hipotética modificación da Lei por parte do Ministerio.

Tanto os representantes sindicais como a Xunta apostaron por non correr o risco e tentar blindar o total das prazas tal e como estaba previsto na convocatoria.

Educación tomará un tempo para publicar a orde de modificación da OPE ante a posibilidade de que se conceda unha prórroga á normativa que permita finalmente a acumulación das prazas. Así mesmo, abrirá de novo a inscrición no momento no que se levante a suspensión de prazos decretada polo estado de alarma.

UN "DILEMA"

Todos os sindicatos coincidiron en definir a situación como "un dilema", aínda que apostaron por priorizar que se manteñan as prazas previstas para este ano.

Galicia é a única comunidade que se ve afectada por este suposto, segundo explicou en declaracións a Europa Press, Suso Bermello de CIG-Ensino, posto que foi o único territorio que leva as súas convocatorias de emprego "ao día" no marco deste acordo de estabilización dos sindicatos estatais.

A pesar diso, realizou un chamamento a que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se "poña as pilas" e se implique persoalmente para presionar ao Goberno central.

A incógnita agora apunta ás prazas correspondentes á oferta pública de emprego de 2021. Desde CC.OO. Ensino, José Fontes referiuse ao "medo" a que estas prazas non se convoquen, pero recoñeceu que desistir da OPE aprazada "sería unha temeridade".

A idea da Xunta é acumular as prazas de 2021 no proceso de 2022, unha situación que cambiaría no caso de que o Ministerio modificase a normativa. "Se o Ministerio se sitúa a favor de prorrogar a norma de acceso do Real Decreto, nese caso reuniriámonos de novo e valorariamos se se poderían acumular as dúas ofertas (as de 2020 e 2021".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta