Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 30/04/2020 | Actualizada ás 15:59
Persoal facultativo da UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) sumouse este xoves ao aplauso organizado pola Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias para homenaxear ao resto de traballadores, como enfermeiras, celadores e limpadoras, entre outros, polo seu "encomiable traballo" e "entrega incondicional aos enfermos".
"Agradecemos o voso encomiable traballo e a vosa entrega incondicional aos enfermos. Sodes un exemplo para todos nós. Grazas, e vai por vós o noso aplauso máis sonoro", destacou a responsable da Unidade de Coidados Intensivos do CHUF, Isabel Álvarez Diéguez.
Sobre as 12,00 horas o persoal facultativo participou nesta homenaxe colectiva a todo o persoal que no marco da pandemia da COVID-19 desenvolve o seu labor en unidades de coidados intensivos e críticos.
Álvarez Diéguez, como non estaban todos na unidade do CHUF, destacou que o aplauso nesta "homenaxe moi merecida" era para todos os que directa e indirectamente colaboraron neste ámbito.
"Nestes tempos difíciles que nos tocou vivir a todos, especialmente nun servizo como o noso, os médicos desta unidade queremos sumarnos a este aplauso que hoxe está dedicado especialmente ao noso persoal, limpadores, celadores, auxiliares, enfermeiras e administrativas", explicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.