Feijóo coincide con Vox e cos independentistas cataláns e vascos en non prorrogar o estado de alarma

"Todos os demócratas desexamos volver ter os dereitos e liberdades plenos que nos dá a Constitución", asegura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2020 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse contrario a unha nova prórroga do estado de alerta tal e como quere o Goberno central. Unha reflexión na que coincide tamén con independentistas cataláns e vascos.

Preguntado acerca de se considera que o PP debería analizar non apoiar sucesivas prórrogas do estado de alarma, o presidente galego manifestou que, ante un "escenario de desescalada" tras o punto álxido da crise do coronavirus en España, tocaría ver "cando se desescala a Constitución e cando volve ter vixencia plena".

"Todos os demócratas desexamos volver ter os dereitos e liberdades plenos que nos dá a Constitución. E nun escenario de reactivación, o lóxico sería reactivar a Constitución ao cento por cento dos seus artigos, e volver repor o cento por cento de dereitos fundamentais en España", sentenciou, en rolda de prensa telemática, tras presidir a reunión semanal do seu Executivo.

Feijóo lembrou, así mesmo, que non é non é a primeira vez que expón que "non é necesario un estado de alarma" para "coordinarse coas comunidades", controlar que se cumpren as normas sanitarias ou dar instrucións ás forzas e corpos de seguridade do Estado para que vixíen este extremo.

"HAI LEXISLACIÓN"

Así as cousas, reafirmouse en que, aínda que "esixir o cumprimento das normas" é a obrigación dos poderes públicos no novo escenario de reactivación económica e social, en España "hai lexislación" para que se poida facer "sen prorrogar sine die o estado de alarma". "A ver se somos capaces de que o entenda o Goberno e podemos recuperar a Constitución na súa completa extensión", concluíu.

Por outra banda, preguntado acerca de se considera que a dereita podería actuar unida se se chegasen a dar medidas como a nacionalización de empresas ou a confiscación de bens por parte do Goberno, respondeu que espera que "nunca" se expoñan semellantes escenarios en España.

Carles Puigdemont
Carles Puigdemont | Fonte: @KRLS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Dende o primeiro día NON entendín como para loitar contra o virus era preciso declarar un estado de alarma que daba plenos poderes ás distintas policías para multar a todo cristo con ou sen razón ! Abuso de Autoridade manifesto, a ver se agora resulta que pedir LIBERDADE é cousa sospeitosa de extremistas de dereitas (?) Sen liberdade calquera futuro é pura Tiranía e non hai máis !!!