Bad Religion cancela pola pandemia todos os seus concertos de 2020, incluído o de Santiago de Compostela

A mítica banda ía actuar tamén en Barcelona, Madrid, Bilbao, Málaga e Valencia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/04/2020 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

Bad Religion cencelou todos os concertos da súa xira de 40 aniversario previstos para 2020 por culpa da pandemia mundial do coronavirus, o cal inclúe ás súas actuacións de maio en Barcelona, Madrid, Bilbao, Málaga, Valencia e Santiago de Compostela.

'Bad Religion', nunha imaxe promocional
'Bad Religion', nunha imaxe promocional | Fonte: Epitpah Records.

"Estamos agradecidos e atafegados polo apoio inquebrantable de todos os nosos fans, cada sala e festival que nos convidou a tocar, e especialmente aqueles que investiran os seus recursos para vernos actuar en directo ao redor do mundo este ano", apunta a banda en comunicado.

E engade: "Como todo o mundo sabe, o perigo actual da Covid-19 fixo inseguras as reunións de grandes grupos de persoas. Por iso, para manter a saúde dos nosos fans, equipo e nós mesmos, Bad Religion non dará ningún concerto en 2020".

A banda sinala que os fans que tivesen entradas poden reclamar "devolucións ou vales" dependendo de onde as compraron: "Por favor, contactade co voso promotor local e o punto de venda".

"Imos monitorar con coidado como evoluciona esta pandemia; cando sexa seguro para todos imos reunirnos, volveremos. Ata entón, estade seguros e coidade os uns dos outros", remata o grupo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta