Temas: OUFF CINE OURENSE

O Festival Internacional de Cine de Ourense mantén a súa celebración entre o 25 de setembro e o 3 de outubro

Na programación terá especial protagonismo a celebración do seu 25 aniversario.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/04/2020 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O Ourense Film Festival (OUFF) mantén a súa celebración nas datas anunciadas, do 25 de setembro ao 3 de outubro, cunha programación na que terá especial protagonismo a celebración do seu 25 aniversario.

Balance da 24ª edición do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF).
Balance da 24ª edición do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF).

Ademais da Sección Oficial competitiva e outras paralelas, potenciarase o premio dedicado á mellor produción galega participante na presente edición, o Galicia-Xacobeo, dotado con 12.000 euros.

Segundo a organización, trátase dun galardón transversal para calquera película de produción ou coprodución galega que participe no certame e será concedido por unha comisión formada pola Fundación Carlos Velo, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.

O prazo para a recepción de películas que queiran participar na Sección Oficial do OUFF 2020 xa está aberto. Os filmes interesados poderán facer a inscrición a través das plataformas FESTHOME e Click for Festivals, ademais de facelo por medio da web do propio festival e da dirección electrónica ouff@depourense.es.

As películas que se presenten deberán estar producidas nos anos 2019 ou 2020. Poderán ser obras de ficción, de animación ou documentais e deben contar cunha duración superior a 60 minutos, ademais de non exhibirse nin terse editado comercialmente en España. O prazo de recepción finaliza o 15 de xullo.

Temas: OUFF CINE OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta