Oito mortes este xoves volven situar a Galicia na crúa realidade do COVID-19

Tras non informarse de falecidos en residencias e hospitais durante este mércores, o número de decesos ascende xa a 555.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/04/2020 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

Outras catro mortes comunicadas polos hospitais galegos a última hora deste xoves elevan a 555 os falecidos con COVID-19 en Galicia, unha cifra que se suma as catro vítimas mortais rexistradas durante a mañá desta mesma xornada. Durante este xoves non se notificaron, no entanto, novas vítimas en residencias de anciáns.

Así, segundo a Consellería de Sanidade, nas últimas horas faleceu unha muller de 55 anos que se atopaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), outra muller de 89 anos que se atopaba no CHUS, unha muller de 92 anos ingresada no Hospital de Vigo e un home de 90 que se atopaba no Hospital San Rafael.

Estas catro vítimas mortais súmanse ao catro que o Sergas comunicou ao mediodía: dúas mulleres, de 86 e 90 anos de idade, que estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), e unha muller de 96 anos e un home de 48 anos que permanecían no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Todas estas persoas tiñan, segundo Sanidade, patoloxías previas.

Coa actualización de datos, e despois de que este pasado mércores non se notificaron mortes nin en hospitais nin en residencias (por primeira vez desde mediados de marzo), o total de falecidos con coronavirus en Galicia elévase a 555, dos que 427 recibían atención hospitalaria, e 128 faleceron en residencias de maiores.

Por áreas sanitarias, rexistráronse 115 mortes en hospitais da área da Coruña; 88 en hospitais da área de Vigo; 87 na área de Ourense; 73 na área de Santiago; 25 falecidos en hospitais da área de Lugo; 24 na área de Ferrol; e 15 na área de Pontevedra.

RESIDENCIAS

Con respecto ás residencias, Sanidade confirmou que se mantén o número de falecidos dentro dos centros de maiores en 128 (sen contar aos usuarios que morreron en hospitais ou en residencias integradas), ao non producirse ningunha morte na xornada do mércores.

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

Queremos ver un político valente que se atreva a facer un discurso denunciando a realidade do que esta a pasar como o que se pode ver no video "Fuerte discurso en el parlamento italiano". A verdade ainda que tarde ao final sae a luz. Non permitiremos que nos traten como ganado (confinamento, vacunas, controis de temperatura, geolocalización, ¿chip?, etc) por moitos "inimigos falsos" que se inventen e moito medo que se fomente.