O BNG reclama un "gran acordo de país" para saír da crise e que se derroguen as reformas laborais

Galicia En Común pide o reforzo do sector público mentres que Esquerda Unida reclama un cambio profundo das políticas económicas actuais. Pola súa banda o PPdeG ve "fundamental" acabar coa "batalla" entre os seus vicepresidentes Pablo Iglesias e Nadia Calviño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2020 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou derrogar as reformas laborais "que precarizan o emprego" e "un gran acordo de país" para saír da crise "creando emprego de calidade".

Na celebración do 1º de Maio, a portavoz nacional do BNG lembra que "estamos a vivir unha situación de excepcionalidade marcada por unha crise sanitaria, aparellada a unha grande crisissocial e económica". Neste contexto, sostén que urxe "derrogar as reformas laborais que precarizan o emprego". Para a nacionalista, é necesario tamén pór en marcha "un gran acordo de país" para saír da crise cunha alternativa económica "que aposte por crear emprego de calidade".

Nestas semanas, segundo Pontón, hase constadado que "o emprego máis precarizado foi o máis importante para enfrontar a crise". "A maior parte dese emprego ocupado por mulleres no ámbito sanitario, nos supermercados ou no ámbito da limpeza e coidados", subliña a este respecto. Por iso, asegura que "unha das leccións desta crise é a urxencia de acabar coa precariedade neses segmentos laborais. "E esta perspectiva debe centrar todos os grandes acordos", asevera.

A pesar da situación "excepcional" neste Primeiro de Maio, apela tamén a non permitir que "se confinen os nosos dereitos". "Hai que traballar nunha alternativa social para superar a crise do coronavirus e facelo confiando e apostando polas posibilidades e potencialidades que ten Galicia", insiste.

Ana Pontón, en rolda de prensa telemática, durante a pandemia do covid-19. BNG
Ana Pontón, en rolda de prensa telemática, durante a pandemia do covid-19. BNG | Fonte: Europa Press

GALICIA EN COMÚN PIDE REFORZAR O SECTOR PÚBLICO

O portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, chamou á sociedade galega a empregar todas as ferramentas do Estado e do Goberno autonómico para "fortalecer o público" como "protección igualitaria para todos" e garantir "un futuro mellor".

Con motivo da celebración do Primeiro de Maio, conmemorada por primeira vez sen manifestacións debido á emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus, Gómez Reino convidou á cidadanía a reivindicar a "solidariedade e a vida". "Afrontemos unidas a necesidade dun novo modo de produción e de existencia máis humano, terminemos coa precariedade como forma de vida e explotación, e preocupémonos de coidar a quen nos coida", manifestou.

O portavoz da coalición lembrou aos miles de familias traballadoras e autónomas galegas "que non poden ir traballar porque a epidemia obrigou a pechar grandes e pequenas empresas e negocios". "Defendemos o valor do público porque é a única garantía de que ningunha delas queda atrás", declarou.

Gómez Reino feito unha mención especial para as traballadoras da sanidade e dos cidadáns, as produtoras, as transportistas e empregadas da cadea de distribución de alimentos, para as integrantes das forzas de seguridade do Estado e de Protección Civil, para as xornalistas e para todas as traballadoras dos servizos esenciais. "Elas son o mellor exemplo dese espírito de solidariedade e defensa dos bens comúns e dos intereses colectivos sobre o que queremos basear a nosa reconstrución como sociedade", concluíu.

MANIFESTO DE ESQUERDA UNIDA

Tamén con motivo da celebración do Primeiro de Maio, Esquerda Unida defendeu unha "saída xusta, social e democrática" da actual crise cun "cambio profundo" nas políticas economías aplicadas por diferentes gobernos na última década.

Así, fronte ás medidas aplicadas polo PP, Esquerda Unida celebrou que, hoxe, "baixo o Goberno de coalición as medidas están dirixidas a garantir a protección das clases populares, especialmente aos sectores máis vulnerables".

Ademais, subliña que a actual crise non debe de servir como "coartada" para que a maioría social pague de novo os pratos rotos. Para iso, defendeu propostas como a blindaxe dos servizos públicos, máis investimento público e unha reforma fiscal para que os ricos tamén paguen.

A formación tamén considerou necesario que Europa abandone a mensaxe do "sálvese quen poida" se "quere estar á altura deste momento histórico". "Desde Esquerda Unida seguimos apostando pola Europa dos pobos, solidaria e democrática, que entenda esta crise como unha oportunidade para saír máis fortes ao redor de medidas de investimento público e social.

Esquerda Unida subliñou a súa aposta pola defensa dos dereitos dos traballadores para que, na senda da xustiza social, aváncese cara a unha sociedade na que homes e mulleres convivan en igualdade de oportunidades, na que o traballo sexa un dereito e todas as persoas teñan cubertas as necesidades básicas para o que defendeu un cambio no modelo produtivo.

ACABAR COA "BATALLA" ENTRE IGLESIAS E CALVIÑO

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez que active "de inmediato" un plan "co que reducir o severo impacto que a crise do coronavirus está a xerar na economía en xeral e na vida de centos de miles de familias galegas en particular". Por iso, ínstalle a pactar "unha resposta económica coas comunidades autónomas" e a "asumir" as propostas da Xunta.

"Galicia chega ao Día do Traballador sen nada que celebrar: máis de 230.000 galegos están afectados por un ERTE que o Goberno aínda non pagou e a EPA anticipa unha caída dramática de ocupados que nos fan esperar un dato demoledor no dato do paro que se coñecerá este martes".

"E os autónomos galegos ven como o Goberno de España ínstalles a que pidan un crédito para non deixar de pagar nin un euro en impostos", apostila nun comunicado. Por outra banda, asegura que "decenas de miles de traballadores galegos pasaron de celebrar o Primeiro de Maio na rúa de forma literal a estar nela de forma tristemente metafórica".

Por iso, sostén o secretario xeral do PPdeG, é "fundamental" que o presidente do Goberno "termine coa batalla na que converten cada consello de ministros os seus vicepresidentes Iglesias e Calviño, e pacte unha resposta económica coas comunidades autónomas".

En concreto, insta a Sánchez a que "asuma" as 17 propostas en materia de emprego, política fiscal e estímulos a empresa e autónomos,que presentou o comité de expertos que asesora á Xunta, "e que lle foron remitidas esta semana".

"Sería positivo que o presidente do Goberno comentáseas o domingo na Conferencia De presidentes e testara o nivel de apoio ás mesmas entre os máximos mandatarios autonómicos". "Quizais perciba que o plan que defende a Xunta é máis razoable que o seu propio", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Ana Pontón debera pedir antes a derrogación da Lei Mordaza que tantos réditos lle dá ao tirano presidente, co valioso voto do Señor Rego (UPG) Quien te ha visto y quien te vé...!!! Tone seguro que acerca, cun 20% de paro os únicos que cobrarán son os funcionarios ! Eva Solla se quere mellorar as cousas pode pedir que as enfermeiras do pais cobren a metade do que ela cobra por non facer nada... e seguro que o sector sanitario sofriría unha auténtica revolución ! Aquí seguimos entre pantalla e pantalla aturando a este Goberno de Señoritos !

1 anonimo 2

Vendo os comentários dos nossos políticos eu reclamo que remate o estado de exceção e o engano ao que estamos sometidos ou pelo contrário que demitam TODOS os políticos, de TODOS os partidos para que podamos sair da crise!