Temas: PORTOS

Atrasadas as taxas de Portos de Galicia ata dous meses despois de finalizar o estado de alarma

Os contribuíntes poderán beneficiarse dos adiamentos e fraccionamentos habituais previstos tanto na lei xeral tributaria como nos regulamentos de recadación en vigor na comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2020 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

Portos de Galicia ten en vigor desde o inicio do estado de alarma un paquete de medidas de flexibilización do pago de taxas portuarias, co obxectivo de aliviar a situación económica dos usuarios, e atrasará a emisión ata dous meses despois de que finalice este estado.

Con esta medida, Portos de Galicia pretende contribuír a "rebaixar posibles tensións de tesouraría ás entidades e empresas usuarias dos portos" e "contribuír a que poidan manter a súa actividade unha vez superada esta situación excepcional pola alerta sanitaria".

A maiores, os contribuíntes poderán beneficiarse dos adiamentos e fraccionamentos habituais previstos tanto na lei xeral tributaria como nos regulamentos de recadación en vigor na comunidade.

Ante as "numerosas consultas" neste sentido que se están recibindo, Portos lembrou que, "a día de hoxe non pode coñecerse aínda o alcance e consecuencias do estado de alarma, tanto para os usuarios como para o propio organismo autónomo", polo que as medidas adoptadas responden "as posibilidades de actuación inmediata dentro do marco regulador autonómico e estatal que lle é de aplicación".

O Porto Exterior de Ferrol estréase no tráfico de colectores.. EUROPA PRESS - Arquivo
O Porto Exterior de Ferrol estréase no tráfico de colectores.. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: PORTOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta