O coruñés Raúl Dans gaña o II Premio Laudamuco para textos teatrais

O galardón está organizado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, sen o apoio da Xunta.  

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/05/2020 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Raúl Dans é o gañador da segunda edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O dramaturgo Raúl Dans, natural de A Coruña e afincado en Oleiros, concorreu ao certame coa obra Só un home bo, pola que recibirá un premio de 7.000 euros e a edición da peza por parte de Edicións Positivas.

“A pesar da situación excepcional na que nos atopamos por mor da pandemia do COVID-19, o Concello de Brión mantén o seu compromiso coa cultura”, suliñou a concelleira de Cultura, Sandy Cebral Gómez, que “a e vén de fallar a segunda edición do Premio Laudamuco. Este evento conmemorar a estrea, o 16 de maio de 1978, de Laudamuco, señor de ningures de Roberto Vidal Bolaño, considerado o momento fundacional do teatro profesional galego e de incentivar a creación de textos teatrais no noso idioma.

O xurado estivo formado por Inma López Silva, Carmen Abizanda, Damián Villalaín, Xosé Manuel Fernández Castro e Manuel Guede Oliva e as deliberación tiveron que realizarse telematicamente. Sobre a obra gañadora, o xurado destaca “ademais da súa alta calidade teatral, a vontade explícita que propón para a súa representabilidade, cuestión que vén definida tanto polo razoable número de personaxes, catro intérpretes, como a economía de medios con que pode ser resolto o espazo escénico”.

RAÚL DANS

O coruñés Raúl Dans (A Coruña, 1964), actor de dobraxe ademais de escritor, gañou os máis prestixiosos premios para textos teatrais a nivel estatal e autonómico, con obras como Lugar (1994), Derrota (1997), Unha corrente salvaxe (2012) e As cancións que lles cantaban aos cativos (2015). Dans tamén foi creador, argumentista e dialoguista de series de ficción para Televisión de Galicia (A miña sogra e máis eu, Pratos combinados, A vida por diante, Padre Casares”) e obtivo o Premio Mestre Mateo de Guión por Terra de Miranda (2003) e As leis de Celavella (2005).

Raúl Dans, autor teatral galego
Raúl Dans, autor teatral galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta