Trasladan unha muller intoxicada na Coruña tras un incendio no seu domicilio

O maior problema foi que a accidentada caeu e non era capaz de levantarse soa, polo que a tartera ao lume seguiu consumíndose e provocou unha intensa fumareda no interior do domicilio.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/05/2020 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser evacuada ao centro hospitalario de referencia despois de intoxicarse no seu domicilio da Coruña, onde se produciu un incendio durante a mañá deste domingo.

Segundo confirmou o 112 Galicia, o incendio produciuse preto das 12,30 horas e a pesar de que só ardeu un utensilio doméstico, a muller sufriu unha intoxicación por fume e os servizos de emerxencias tiveron que trasladala.

O maior problema foi que a accidentada caeu e non era capaz de levantarse soa, polo que a tartera ao lume seguiu consumíndose e provocou unha intensa fumareda no interior do domicilio.

Por todo iso, un familiar contactou cos servizos de emerxencias para solicitar axuda e ata a rúa Sacra Familia, onde está o domicilio, desprazáronse os efectivos para auxiliala.

Ademais, os feitos tamén se puxeron en coñecemento dos servizos sanitarios, os Bombeiros da Coruña, a Policía Nacional, Local e os membros de Protección Civil da localidade.

Finalmente os equipos de extinción de incendios confirmaron que un particular puido acceder ao interior do inmoble tras romper un cristal e que unicamente ardeu un utensilio doméstico.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta