Feijóo explica a desaparición de falecidos das listas oficiais pola "adaptación aos protocolos do ministerio"

"Se os distintos protocolos do Goberno antes non pedían falecementos en residencias e agora si, pois inevitablemente temos que reaxustar a comunicación que facemos", suliña.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/05/2020 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

Este sábado a Xunta facía desaparecer catro falecidos das listas oficias de mortes polo COVID-19. Unha circunstancia que creou confusión entre os xornalistas e que o propio presidente da Xunta explico este domingo na rolda de prensa telemática posterior á xuntantaza dos presidentes autonómicos con Pedro Sánchez. "Tivemos que adaptarnos aos distintos protocolos que designa o Ministerio de Sanidade", explicou.

Con todo, centrouse só nos casos de modificación de datos dos ingresados en UCI, e non tanto das persoas falecidas. Así, lembrou que, desde o mércores, cambiouse a metodoloxía e agora no balance total de curados súmanse as altas hospitalarias e epidemiolóxicas. É dicir, se unha persoa ten un resultado negativo aínda que permaneza ingresada por unha infección causada por COVID-19, non contará como caso de coronavirus.

Neste sentido, Feijóo xustificou que "todos os días" o Goberno galego publica unha "serie de datos" que se "acomodan" aos "protocolos que pide o mando único" desde Moncloa. "Se os distintos protocolos do Goberno antes non pedían falecementos en residencias e agora si, pois inevitablemente temos que reaxustar a comunicación que facemos" ao Executivo nacional, argumentou.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta