Aumentan en máis de 2.000 os traballadores afectados por ERTE e chegan a case 233.000

Segundo explicou o Goberno galego, ata agora resolvéronse o 96% dos presentados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Os traballadores afectados por un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) en Galicia aumentaron en máis de 2.000 desde o pasado xoves e chegan xa aos 232.891, segundo os datos achegados este luns pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así, no marco da actual crise provocada pola pandemia de coronavirus, o número ERTEs solicitados en Galicia é de 35.821: 13.864 (+60) expedientes na provincia da Coruña, 12.544 (+64) en Pontevedra, 4.251 (+20) en Ourense, e 4.131 (+15) en Lugo.

Con respecto aos traballadores afectados, o maior número concéntrase na provincia de Pontevedra (81.420), seguida pola provincia da Coruña (65.346), Ourense (17.900) e Lugo (15.331).

A este cómputo deben sumarse os 1.031 ERTE tramitados en servizos centrais (autonómicos), con 20.497 traballadores afectados, e aqueles empregados afectados por expedientes de regulación en empresas a nivel estatal, pero que teñen repercusión en Galicia, e que son 32.397.

Segundo explicou o Goberno galego, están a porse "todos os medios" para resolver os expedientes en prazo e ata agora resolvéronse o 96% dos presentados.

Saída dos traballadores de Citroën que traballan na planta en plena crise polo coronavirus
Saída dos traballadores de Citroën que traballan na planta en plena crise polo coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta