ANPAS de Galicia acusan a Educación de ocultar os criterios de avaliación para fin de curso

A Confederación ANPAS teme que se avance nos temarios ata fin de curso e que isto supoña unha maneira de discriminación de cara o alumnado que pode acceder aos novos temarios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/05/2020 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación subiu á súa web unha serie de instruccións para afrontar o último trimestre do curso 2019-2020 de cara a permitir que os centros docentes podan atender o alumnado. Así os estudantes poderían acceder a materias medide modo non presencial.

Carmen Pomar comparece na Deputación Permanente da Cámara galega. XUNTA
Carmen Pomar comparece na Deputación Permanente da Cámara galega. XUNTA

A Confederación ANPAS, nun comunicado enviado onte á Consellería, pedía ao departamento dirixido por Carmen Pomar que aclarase un “documento que circula como instruccións “internas” enviadas ás direccións dos centros”. Dito documento sinala que pode entrar nova manteria durante o terceiro trimestre e que si se pode avaliar a fin de curso.

ANPAS cre que desta maneira haberá alumnado que terá máis facilidade para acceder a novas materias que outro. “Isto caería en persoas que viven en cidades con mellores conexións e que pode acceder mellor aos novos contidos”.

Desde a Consellería de Educación declaran que si se pode dar materia nova durante o terceiro trimestre. “Sempre para aumentar nota, nunca para suspender”. Para iso cínguense ás instruccións que figuran na web da Consellería e que permiten “ampliar aprendizaxes que resulten necesarias para o alumnado” e que se avaliará sobre os coñecementos aprendidos nos dous anteriores trimestres.

Sobre as novas manterias que se poidan impartir durante o terceiro trimestre, poderán ser avaliadas “sempre e cando beneficien ao alumno”. Aínda así, ANPAS considera que os criterios para a avaliación dos alumnos e alumnas non están claros, por iso ven necesaria que a Consellería responda ao documento que se lle enviou, así como que se cumpra co ordenado polo Goberno central de que o alumnado pase ao seguinte curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta