Silva cualifica de "irresponsable" a actitude de Feijóo por rexeitar a prórroga do estado de alarma

"Que ocorreu para ese cambio tan radical de opinión? Agora se son as eleccións en Galicia a maior urxencia para o presidente Feijóo?", preguntou a presidenda da Deputación de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrouse "moi preocupada" respecto da postura que mantén do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen, co seu rexeitamento a que se prorrogue o estado de alarma, está demostrado unha actitude "absolutamente irresponsable".

Ao seu xuízo, resulta "absolutamente contraditorio" a formulación que defende a día de hoxe o líder dos populares galegos, e referiuse a declaracións realizadas o 12 de marzo e o 24 de abril, nas que aseguraba que "as eleccións autonómicas en Galicia son absolutamente secundarias, o único que importa é a saúde pública" e que non formaban parte a súa "axenda".

"Que ocorreu para ese cambio tan radical de opinión? Agora se son as eleccións en Galicia a maior urxencia para o presidente Feijóo?", preguntou, para acusalo de "pór os intereses electorais ou partidarios por encima dos intereses sanitarios".

A presidenta provincial lembrou que expertos como Benito Regueiro, catedrático e xefe de servizo de Microbiología do CHUVI, insistiron na toma de precaucións en Galicia ante unha posible segunda onda epidémica, tendo en conta que a circulación do virus foi moi baixa e iso implica que boa parte da poboación non desenvolveu anticorpos.

Nesta liña Carmela Silva pediu "prudencia e cautela" xa que "o risco segue estando moi presente" porque "o bicho segue aí, o virus non marchou" e o Goberno central necesita "marxe de manobra" para o "control" do proceso de desescalada e "evitar novos contagios". "A que veñen estas présas? Será porque Feijóo cre que lle favorecen as eleccións en xullo?", dixo Carmela Silva.

FALTA DE INSTRUMENTOS

A presidenta pontevedresa insistiu en que as comunidades autónomas carecen de instrumentos legais para facer fronte ás normas da desescalada que afectan á liberdade de circulación. Tamén rexeitou que a Lei Xeral de Saúde Pública e a Lei Orgánica de Medidas Especiais en Materia de Saúde Pública poidan paralizar un dereito fundamental recollido na Constitución.

"Vai asumir Feijóo os efectos dun posible novo contaxio? Se o mércores non se avala manter o estado de alarma Feijóo será responsable", advertiu Carmela Silva. Igualmente avisou de que lle esixirá "responsabilidades" ao presidente da Xunta "se xorden novas dificultades que impidan tomar novas medidas para frear unha nova escalada".

Rolda de prensa de Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo
Rolda de prensa de Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo | Fonte: Europa Press

INACCIÓN DA XUNTA

O responsable de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, o nacionalista Uxío Benítez, criticou este luns a "inacción" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por non pedir a reapertura de máis pasos fronteirizos con Portugal.

A través dun comunicado, o deputado provincial e tamén director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) lembrou que, mentres en Pontevedra só permanece aberto o paso Tui-Valença, noutras comunidades empezan a reabrir. Este é o caso do de Villanueva del Fresno este luns, en Estremadura, "grazas ás peticións" do presidente desta Comunidade, Guillermo Fernández Vara.

Neste sentido, Benítez destacou que existe "unha clara diferenza de trato" entre localidades a pesar de que o paso Tui-Valença "é con diferenza o de maior número de tránsitos" de toda a fronteira entre España Portugal. "O territorio transfronteirizo do Miño é dos máis dinámicos de toda Europa. É a fronteira máis poboada pola centralidade entre Vigo e Porto", engadiu o deputado provincial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pregunta Carmela que ocorreu? Igual non lle chega con 52 días de nefasta xestión baixo un Estado de Excepción ? https://twitter.com/00Gamela/status...