Pachi Vázquez, de ex líder político a dar consellos sobre o coronavirus

O ex secretario xeral do PSdeG aproveitou o confinamento para actualizar os seus coñecementos médicos en epidemioloxía tal e como se pode ver neste vídeo.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 07/05/2020 | Actualizada ás 08:20

Comparte esta noticia

Pachi Vázquez, ex alcalde do Carballiño, ex conselleiro de Medio Ambiente e ex secretario xeral do PSdeG, aproveita este tempo do confinamento para dar consellos sobre como abordar o coronavirus.

Vázquez, que chegou a exercer de médico e xefe do servizo de epidemioloxía en Ourense nos anos 90, participou nos últimos días en varios programas de televisión e radio para abordar a situación da epidemia do coronavirus. Programas nos que daba consellos sobre como actuar nesta crise.

O virus segue andando por aí e, polo tanto, con normas do goberno ou sen normas do goberno, o virus non sabe delas e anda por aí igual. Só sabe unha cousa, onde atopa unha persoa e se pode instalar nela, pois instálase nela”, apunta neste vídeo no que insiste na “autoprotección”.

Pachi Vázquez na súa faceta de médico
Pachi Vázquez na súa faceta de médico | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta