Activado o protocolo de seguridade tras o positivo dun condutor de bus de Ourense

O traballador está de baixa e tres compañeiros de quenda gardan corentena.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2020 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense e a empresa concesionaria do transporte urbano activaron o protocolo de seguridade despois de que un dos condutores dese positivo na proba do coronavirus o pasado sábado 2 de maio.

Segundo informou este mércores o consistorio local a través dun comunicado, o traballador está de baixa e os seus tres compañeiros de quenda gardan corentena nos seus fogares.

O goberno ourensán sinala que o transporte urbano da capital provincial cumpre as medidas establecidas na situación de alarma, que obriga a limitar ao 50% os viaxeiros e a que estes accedan con máscara e pola parte traseira do autocar, ademais de respectar a distancia de seguridade.

Así mesmo, destaca que "todos" os traballadores do servizo contan con 'epis', máscaras e xeles; e que os vehículos se desifectan ao termo de cada servizo aplicando os protocolos establecidos.

Condutora de Vitrasa con máscara
Condutora de Vitrasa con máscara | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta