O Goberno abona 238 millóns a máis de 270.000 persoas afectadas por un ERTE en Galicia

A Xunta aínda non resolveu máis de 1.400 ERTE pendentes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/05/2020 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O Goberno procedeu ao pago de 238.395.596 euros a 272.749 persoas afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) en Galicia, segundo informa a Delegación do Goberno.

En total, ata o 30 abril, son 272.749 as persoas que percibirán unha prestación na comunidade autónoma galega, das que 182.401 foron recoñecidas en abril, mentres que o resto corresponden á segunda metade de marzo.

O importe total da nómina das 42.256 solicitudes colectivas de ERTE na Comunidade é de 238.305.596 euros, dos cales 100,6 millóns corresponden á provincia da Coruña, 88 á de Pontevedra, 26 á de Ourense e 23,7 á de Lugo.

MANTER O EMPREGO

Tamén remarca que nos ERTE vinculados á COVID-19 "as persoas afectadas por estes expedientes de regulación temporal de emprego suspenden a súa actividade e perciben unha prestación estatal ata que poidan recuperala" e lembra que a normativa do Goberno establece "a obrigación de manter os postos de traballo".

En concreto, engade que as empresas que recorresen a un ERTE por forza maior por causa da COVID-19, se a partir deste luns retoman parte da súa actividade, poderán sacar do ERTE, "mesmo a tempo parcial, ao persoal que necesiten".

"Isto facilitará a situación a moitos pequenos e medianos empresarios e a incorporación de miles de traballadores ao seu posto de traballo", sostén o delegado do Goberno, Javier Losada. Por outra banda, o delegado do Goberno felicitou ao persoal do Servizo Público Estatal de Emprego (SEPE) "pola eficacia demostrada para axilizar os pagos".

Entrada a unha oficina da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Marta Fernández Xara - Europa Press
Entrada a unha oficina da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Marta Fernández Xara - Europa Press

XUNTA

Por outra banda,  a Xunta ten pendentes de tramitar máis de 1.400 Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), tras resolver o 96% dos 35.902 presentados, que afectan a 233.830 traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta