As reservas dos grupos sanguíneos 0+ e A+ seguen baixas en Galicia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que desde o pasado 23 de marzo as persoas que desexen doar sangue deben chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828 para solicitar cita previa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2020 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e A positivo (A+) seguen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-) e A negativo (A-) atópanse normais.

Así o informou este xoves a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que desde o pasado 23 de marzo as persoas que desexen doar sangue deben chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828 para solicitar cita previa co fin de cumprir as medidas decretadas polo estado de alarma debido á crise sanitaria.

O vindeiro luns, 11 de maio, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses das Pontes --Praza do Carmen--, Cambre --Amorne, Rúa Custa da Tapia--, A Coruña --barrio Ventorrillo-- e Negreira --diante do centro de saúde--.

Tamén o luns día 11 ADOS enviará unidades móbiles para facilitar a doazón ao municipio lucense da Fonsagrada --fronte ao Museo-- e á cidade de Ourense --saída das galerías Proyflem--, así como ás localidades pontevedresas de Agolada --xunto ao Consistorio--, Moaña --diante do centro de saúde-- e Vigo --xunto ao farol de Príncipe--.

Doazón de sangue
Doazón de sangue

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta