Avisan dos graves efectos do illamento solitario aplicado sobre os presos en cadeas pola COVID-19

O confinamento solitario por longos períodos de tempo pode provocar estados de ansiedade ou pánico. Isto mesmo pode suceder en situacións como o actual estado de alarma.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/05/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

O Movemento Galego pola Saúde Mental (MGSM) quere lembrar á sociedade o estado en que viven persoas en prisión en estado de illamento solitario. Así, o MGSM fai unha comparativa entre o confinamento durante a corentena e a reclusión sen liberdade de movementos dentro das cadeas, illamento solitario. Unha medida que se adopta cando se avalía á persoa recluída como perigosa.

Prisión da Lama, en Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo
Prisión da Lama, en Pontevedra.. EUROPA PRESS - Arquivo

Así, o MGSM apunta que o illamento solitario provoca efectos psíquicos que aumentan en gravidade segundo tempo de duración do confinamento. O cadro psíquico que pasa unha persoa en estado de peche total, con ao mellor só dúas horas de patio, pode incluír ansiedade, pánico, depresión maior ou perda de afectividade e irritabilidade. En casos máis graves aparecen as autolesións severas e o suicidio.

Outro punto que resalta o MGSM son os efectos da reclusión sobre persoas con doenzas mentais previas ao ingreso en prisión. As cifras falan dun 30% da poboación reclusa que se estima en case 60.000 persoas en todo o Estado. A estas cifras súmase a proboación cativa con perigo de autolesións ou suicidio, que supera o 20%. Estes dous colectivos son os que maior risco teñen de acabar en situación de illamento solitario.

Ante isto, o colectivo galego a prol da saúde mental, lembra que a Constitución sinala as medidas de seguridade e privación de liberdade, están deseñadas para a reeducación e reinserción social. Por iso consideran que o illamento en solitario é, nese sentido, unha acción diametralmente oposta a ese obxectivo.

Por iso, o MSGM fai unha chamada de atención sobre a necesidade de cambios para a política penitenciaria do Estado. Todo de cara a unha mellora das condicións de vida dos presos en illamento solitario e realizar políticas de reinserción máis profundas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta