O TSXG ratifica a anulación dun concurso interno de persoal da Deputación de Ourense

O Supremo xa tombara o recurso do ente provincial e agora o Alto Tribunal galego ratifica a súa sentenza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O TSXG tombou o recurso presentado pola Deputación de Ourense contra a sentenza que anula un concurso interno desta institución do ano 2016 que contemplaba a ocupación de 69 postos de traballo.

Con esta resolución da Sala de Casación do Alto Tribunal galego, o goberno provincial que preside o popular Manuel Baltar esgota a vía de recursos, xa que en abril do pasado ano, o Tribunal Supremo decretou a inadmisión do recurso presentado contra a sentenza do TSXG na que anulaba este concurso ao considerar que vulneraba os principios de igualdade e non discriminación.

Nun auto con data do 30 de abril, o Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Ourense sinala que na sentenza de 2017 "se declabara a nulidade da convocatoria e das bases, polo que, para todos os efectos, é como se non existise".

"Por tanto non pode conservarse ningún acto, desenvolvendo en virtude dunhas bases e unha convocatoria inexistente nin, desde logo, os nomeamentos feitos ao seu amparo", sinala o maxistrado.

Así as cousas, o sindicato demandante, a CIG, sinala nun comunicado que, con esta decisión xudicial por parte do xulgado que ditou a primeira sentenza, a Deputación de Ourense "está obrigada" a aplicar o disposto pola xustiza e, por tanto, anular os nomeamentos desta relación de postos de traballo.

De non facelo, continúa a central nacionalista, o asunto "traspasaría os límites" da vía contencioso administrativa e o goberno provincial de Manuel Baltar "podería estar a incorrer nun delito de prevaricación".

Pazo de Xustiza na Coruña, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Pazo de Xustiza na Coruña, sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia | Fonte: Caronium en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta