Javier, activista social: “Paréceme obsceno o que fai a clase política deste país”

A perspectiva das persoas en risco de exclusión sobre a nova crise ofrécenos unha maneira de diferenciar o que acontece agora e o que aconteceu a partir de 2008. Agora que parece vir unha vaga de inseguridade máis grande que hai máis dunha década, recollemos a visión dunha persoa que vive ao día mais sen deixar o activismo social.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 10/05/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Javier ten corenta e nove anos e a crise de 2008 colleuno de comercial. “Acabei moi queimado das vendas” e logo sumouse unha situación persoal que acabou complicándose e finalmente, vivir na rúa. Mediante os programas de axuda social e a súa vontade de cambiar a situación, foi descubrindo a “miña vocación tardía, os temas sociais”.

Acampada contra a pobreza na praza do Rei, Vigo
Acampada contra a pobreza na praza do Rei, Vigo | Fonte: Miguel Núñez

O paso do tempo non lle restou forzas para seguir adiante, mais ve que as cousas parecen ter unha cor moi distinta a hai máis dunha década. “Daquela foi unha crise financeira, mais agora é diferente  porque parou toda a economía mundial”. Por iso Javier, como moitos e moitas das súas colegas en diferentes movementos sociais, cren que as políticas deben cambiar profundamente para non deixar aos máis febles atrás.

A MILITANCIA SOCIAL

A pesar de todas as cuestións aparecidas na súa vida, Javier é voluntario, coordinador do grupo de Participación de EANP España e tamén está dentro do grupo de participación de Galicia. A iso súmalle ser o coordinador para o Encontro Europeo de Participación.

“Tamén estou estudando oposicións para administrativo do Estado, teño case cincuenta mais non me rindo”. Comezou a carreira de Dereito, mais deixouna por cuestións profesionais e persoais. “Agora intento reinvertarme de cara o mundo administrativo, a min sempre me gustou estudar”. Antes do estado de alerta, mantiña unha certa disciplina para estudar os temarios, mais co confinamento “cústame moito, porque estar todo o día na casa e non poder camiñar, é un estres que se leva mal”.

Javier tamén se introduciu pouco a pouco en movementos sociais para axudar na visibilización dos colectivos menos favorecidos. “Ser activista en iniciativas sociais permite que poidas mostrarlle á xente a outra cara da moeda”. Preguntado se algunha vez pasou por situacións como un desafiuzamento responde que “non, non pasei por esa traxedia mais coñezo xente que si”. Por iso ve favorable que se prohibisen os desafiuzamentos durante o estado de alarma.

Desde a súa posición estima que o tema habitacional ten solución, o caso é que existen problemas que permiten ter unha solución a medio prazo polo menos. “Moitas vivendas están en mans de fondos de especulación e iso non se debería permitir”. Considera que os estados deberan forzar “que non se especule coa vivenda, senón facilitar o acceso a quen non ten recursos para unha vivenda digna”.

Tanto para Javier como as persoas coas que está involucrado en movementos sociais, parte da solución está en “potenciar o aluguer social, axudas para ese aluguer”, porque agora mesmo “o problema non é hipotecario senón de alugueres”. Para el é importante que se faga gasto social en colaboración con toda a UE, mais “Europa non está para colaborar moito”.

A OBSCENIDADE FRONTE A SOLIDARIEDADE

Cando a COVID-19 xa se tiña instalado en Italia de maneira dramática “España foi detrás facendo o que facían os italianos, e despois de España foi Francia”. Ninguén estaba preparado para unha cousa así. Javier está convencido que “isto puido ser unha traxedia maior de non ter o sistema de sanidade pública que temos, eles foron os que sentiron en primeiro lugar a brutalidade da pandemia”.

Grazas ao seu activismo, Javier vai coñecendo como se desenvolven outros países para ter unha solución fronte a pandemia e, dentro das súas posibilidades, evitar unha creba económica e social. “Paréceme obsceno o que fai a clase política deste  país” di con indignación. “Envexo o que fan en Portugal, oposición e goberno coma un puño, porque dunha traxedia coma esta non se poden sacar vantaxes electorais”.

Javier considera que a oposición en España se comporta dunha maneira “vergoñenta” e que o Goberno central pecou de non dialogar máis. “Por iso digo o de Portugal, ás veces deberan darnos leccións en casos así”.

“Que a Xunta queira ampliar a 1.200 camas a oferta dos hospitais é rédito electoral” deduce Javier, aínda que neste punto considera que calquera cousa que sirva para reforzar a sanidade pública “que foi salvaxemente recortada, benvido sexa”. Por iso, tanto el como todas as persoas involucradas en movementos sociais esperan que as administracións poñan todo o potencial na sanidade pública.

Javier cre que o estado de alarma está sacando o peor de cada quen. “Porque cando hai xente que tenta sementar odio,  ese odio prende moi ben en medio destas situacións”. “Hai moitos pseudodixitais que esparexen moitas mentiras. Hai grupos, partidos, que queren fomentar odio polos seus propios intereses”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gamela

A obscenidade política en Vigo viu da man do actual alcalde e do partido político que o sostén. Cando comenzou a anterior crise financeira e logo de 20 anos de pleitos o Concello fíxose por sentenza firme con 40 vivendas de propiedade municipal e que estaban baleiras e practicamente sen estrear siquera! ¿Que fixeron os políticos? Vendelas en pública subasta! Que fixeron os sen fogar? Acampar durante máis de 3 anos ás portas do Concello E FORON INVISIBLES para todo o mundo !!! Agora coa pandemia meteron a todos nun pabellon e déronlle 3 comidas ao día, escoltados pola policia ! Esto é non deixar ninguén atrás? Veremos como remata o conto...!

1 Gamela

Gostíame deixar aquí o testimonio de cando levaban 93 días acampados ! Ao final RESISTIRON 1.125 días ata que chegou o Estado de Alarma e convertíronse nun problema a resolver manu militari (para que logo digan que os dereitos constitucionais non foron machacados!) https://youtu.be/mfIQl4fOO_A Cando remate a Pandemia quen se vai acordar deles ?

2 outra farsa mais

Eu xa teño escoitado o da paga vital, o da renda vital a empresarios en cursos e congresos debido o avance da tecnoloxia que vai suprimir o 30 por cento dos traballos existentes nuns anos... incluso traballos especializados como o de radiólogo medico... non soamente postos de traballo manual... e isto e incluso asi para manter a paz social e o equilibrio do sistema de producción- demanda capitalista... non e novo... o que di PODREMIOS neste contexto e totalmente indecente, a xestión da emerxencia foi un desastre e o que pretenden tamen parece que o vai ser... BRINDIS O SOL E PROPAGANDA DESES SEÑORES... os galegos xa estamos fartos de demagoxia deses señoritos expañois!!!

1 José

Quenes son as persoas en risco de exclusión social?, haber se agora queremos desvirtuar ese termo incluindo nesto a todos aqueles que non quieren traballar nin cotizar, que están no seu dereito e a unha Sanidade e educación teñen dereito, faltaría máis, pero a unha paga como propón Podemos paréceme a pior iniciativa para un país a medio e longo prazo. Vivo no interior de Galicia é faltan albanés, fontaneros, pintores, fellarristas... pero por favor, e desgraciadamente as persoas que realmente están en risco de exclusión social por cuestiones moi variadas sen percibir un euro, pero por favor, algo de vergoña e coidado o falar destas cousas