Segundo positivo por COVID entre os condutores dos buses urbanos de Ourense

Outros catro traballadores gardan corentena á espera de coñecer os resultados das probas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2020 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense informou dun segundo caso de positivo por COVID-19 no persoal de condutores do transporte urbano da cidade.

O traballador, do mesmo xeito que o seu compañeiro que tamén deu positivo por coronavirus, atópase de baixa e "controlado", segundo informa o goberno ourensán nun comunicado.

Deste xeito, ademais destes dous condutores, outros catro traballadores que formaban parte do mesma quenda gardan corentena nas súas casas á espera de coñecer o resultado das probas.

Así as cousas, o concello anunciou que estuda realizar probas a todo o persoal do trasnporte urbano en función do resultado que arroxen os test aos que foron sometidos os traballadores illados.

Tanto o consistorio local como a empresa concesionaria do servizo lembran que, coas medidas establecidas ao comezo da crise no transporte público, non existe "ningún tipo de contacto" entre condutores e viaxeiros, xa que hai unha separación de catro metros entre a zona dos pilotos e o primeiro asento habilitado.

Condutora de Vitrasa con máscara
Condutora de Vitrasa con máscara | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta