Os permisos para queimas poderán solicitarse de novo a partir deste luns tras dous meses suspendidas

Pódese chamar ao teléfono 012 ou a través da web https://queimasweb.xunta.gal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

Os permisos para queimas poderán solicitarse de novo en Galicia a partir deste luns, 11 de maio, despois de estar dous meses suspendidas durante o estado de alarma.

Así figura na resolución da Consellería de Medio Rural que publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), pola que se levanta a suspensión de queimas en terreos rústicos decretada o pasado 16 de marzo.

Deste xeito, poderanse realizar comunicacións para facer queimas en terreos agrícolas e forestais. Segundo informa a Xunta nun comunicado, tómase esta decisión en función da extensión da duración do estado de alarma, os datos de evolución positiva da emerxencia sanitaria e as últimas medidas do Goberno central.

Ademais, incorpórase o persoal de prevención e extinción de incendios do período de seis meses a partir do 11 de maio, ademais de que axentes forestais e técnicos de distritos pasan ao servizo activo. Mentres non estean aberta ao público as oficinas de distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, pódense usar dúas vías: chamar ao teléfono 012 ou a través da web (https://queimasweb.xunta.gal).

Queima de restos agrícolas
Queima de restos agrícolas | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta