Feijóo defende o reparto de máscaras co logo da Xunta porque é máis seguro e vai con manual de instrucións

"Decidimos metelas nun lugar o máis aséptico posible e con manual de instrucións", di o presidente galego sobre o gasto dun millón de euros nesta operación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/05/2020 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou o gasto de case un millón de euros en 719.000 paquetes de máscaras co logo da Xunta que distribuíu en farmacias de toda Galicia porque “así van asépticas e con manual de instrucións”.

“Hai que metelas nun lugar o máis aséptico posible e cun manual de instrucións”. Foi a resposta que o presidente galego lle deu a Galicia Confidencial tras preguntarlle por esta noticia adiantada por este xornal. “Sorpréndeme que se poña en dúbida a distribución correcta das máscaras”, dixo sen aludir a se isto supón un despilfarro e un acto propagandístico ante a proximidade das eleccións.

O lugar onde se distribúen con maior eficacia e asepsia son nas farmacias”, dixo ao tempo que defendeu tela en paquetes co logo da xunta para protexelas e que estean “asépticas” e “non entregalas en man ás persoas.

“Por iso decidimos metelas nun lugar o máis aséptico posible e con manual de instrucións. Unha máscara mal posta pode quedar inutilizada e por iso as entregamos todas xuntas e cun manual de instrucións, pois é a forma máis axeitada”, indicou.

Máscaras co logo da Xunta
Máscaras co logo da Xunta | Fonte: remitida

CONSELLO DA XUNTA

Esta medida foi aprobada no Consello da Xunta do pasado día 24 de abril que acordou a distribución de máscaras cirúrxicas entre os pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros ao ano e perceptores de rendas mínimas de inserción e parados sen prestación de desemprego entre outros colectivos.

Así, distribuiranse preto de 2,2 millóns destas máscaras cirúrxicas, repartidas en 719.000 paquetes, no marco desta iniciativa que conta cun orzamento de 952.187 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ros

O de Feijoo non ten nome!