GC Aberto

Aznar descabeza a Casado

O figurante presidente do PP, Pablo Casado, é un dirixente de cartón pedra, un mero brazo executor das políticas neoliberais que desde FAES, a título de autor, impón o ex mandatario Aznar .

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 13/05/2020

Comparte esta noticia

José María Aznar e Pablo Casado
José María Aznar e Pablo Casado | Fonte: EFE

Aznar foi sen dúbida  o  presidente máis franquista que alumou a democracia, ata o punto de utilizar  no desempeño  da súa función política prácticas  máis propias  daquela época  pretérita que dun Estado social e democrático de dereito como así  ten atribuída España na súa Constitución.

 

A el atribúeselle a autoría intelectual da estratexia da crispación, aínda que en verdade dita técnica foi un calco copiado do partido republicano de Bush pai por Aznar,  e que fixo seu  como manual político na súa ofensiva para derrocar ao  felipismo a golpe de  insolencia e  impostura,  dinámica que no trienio 1993-1996, pola súa ordinariez converteu o Congreso dos Deputados e por extensión a democracia española nun antro de "folloneros" que á gresca optaban abertamente polo  enfrontamento. 

 

Era cousa de tempo que o ex presidente volvese ás andadas reactivando idéntico guión e idénticas prácticas, e a oportunidade veulle cantada cando Casado o seu ex xefe de Gabinete tomou as rendas do PP, pois sabido é  que o experto  crispador da  FAES desde a chegada do seu pupilo á planta nobre da rúa Xénova  é quen establece as pautas e a liña política dos populares, é dicir quen lle marca a traxectoria a seguir ao novo dirixente  popular  no seu plan de desgaste  do actual Executivo,  e  por tanto quen establece  a postura a para manter  en todo o relativo á xestión da emerxencia sanitaria

 

Pero o problema non é que un resucitado José María Aznar mova os fíos do partido  senón que Casado  asente  ante a intromisión do seu  admirado mentor, quen suplantándoo na sombra non dubida en actuar como outrora responsabilizando  da crispación a quen a padece cando como experto insurxente é el mesmo  quen  a provoca, e todo   mentres  o tan “avezado discípulo” tira pola borda  a súa carreira política quedando como un necio aos ollos da historia, pois aínda cando  as decisións do partido son atribuídas á súa persoa, como queda visto as orixes das mesmas están no século pasado.

 

Foron moitas as voltas dadas por Jose  María  Aznar desde a súa condición militante  na Fronte de Estudantes Sindicalistas, aquela organización falanxista desde onde o agora  líder espiritual da dereita española deu os seus primeiros pasos na política, pero a súa tendencia  en nada difire  coa mantida naquela etapa, salvo a súa intensificada  egolatría  e a enfermiza  propensión a ser  o que mais manda e  arrogarse  incluso a condición  de ser  o mellor líder da historia de España, unha sintomatoloxía  expresiva  dunha  personalidade máis ben narcisista e prepotente e propia de quen  tras a súa marcha  da primeira liña política emprega o seu tempo en  entremeterse e provocar o enfrontamento social e a inestabilidade .

 

Esa que non outra é a actitude   belicosa  que mantén na actualidade o señor das ideas e pai da   FAES (Fundación para a Análise e os Estudos Sociais), o moi furibundo  constitucionalista Aznar, o mesmo que en 1979 aos seus 26 anos,  tras  perder  a oportunidade de votar SI  á Constitución dubidaba publicamente de que o seu implícito fose o marco ideal para a  convivencia.

 

Pero mais alá dos seus desatinos que  non son poucos, o que verdadeiramente  persegue este narcisista é satisfacer a súa dose de protagonismo aínda que  para iso condene a Pablo Casado a non ter  “liderado propio e  sustantividade”, pois a súa despreocupación  pola sociedade é algo que non ofrece dúbidas  como confirman as conclusións  publicadas pola  afamada revista  Foreing  Policy que sitúa a Aznar    entre  os cinco peores ex presidentes do mundo, afirmando  que o ex líder do PP , é con diferenza  o que menos axudou ao benestar político e social do seu País tras abandonar o poder. 

 

É  por iso que resulta de nula fiabilidade quen  en só dous anos pasou de renegar do seu propio partido a marcar a estratexia da formación conservadora na crise sanitaria do coronavirus, pois por mais que se disfrace de "prohome" aos ollos da sociedade, non é de recibo  que a súa ofensiva  de acoso e derriba contra o lexítimo Goberno veña acuñada pola fundación  FAES,  a  think  tank do PP que el mesmo preside e que en gran medida  está financiada polas propias arcas do Estado, unha manobra de dobre moral e eticamente   indefendíbel. 

 

Pero ademais  quen agora instalado na súa arrogancia, tenta dar leccións de bo goberno, é o mesmo que en primeira instancia, coas súas ocorrencias, creou a burbulla inmobiliaria a través da modificación que o seu Goberno impuxo ás entidades financeiras para facilitar o cambio de tipos fixos a variables, que derivou nunha "orxía de crédito", unha ilusión  narcotizante interrompida polo espertador da realidade, dando orixe a unha crise, que se mire por onde se queira, tivo neste precursor o seu máximo responsable. 

 

Un personaxe  como para  impartir leccións de conduta política !

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta