Por E.P. | MADRID | 09/05/2020 | Actualizada ás 11:59
Os desprazamentos para pasar a noite en segundas residencias non están permitidos na fase 1 do plan de desescalada, nin sequera dentro da mesma provincia, illa ou rexión sanitaria, precisaron este sábado fontes do Goberno.
O Executivo xustifica a decisión nun desexo de evitar a serie de actividades adicionais que implican estes movementos, como as visitas ao supermercado ou comercios para encher a neveira. Para visitar as segundas residencias será necesario esperar unhas semanas máis ata alcanzar a fase 2. Poderase, iso si, visitar familiares e amizades nas súas casas.
Así o aclaran no día no que o Boletín Oficial do Estado publica a orde das actividades permitidas nesta fase 1 do plan de transición á nova normalidade. Galicia é unha das comunidades que adoptará esta nova fase desde este luns 11 de maio. Canda ela, tamén o farán Asturias, Cantabria, o País Vasco, Navarra, A Rioxa, Aragón, Murcia, Estremadura, Ceuta e Melilla, Andalucía (salvo Granada e Málaga) ; Cuenca e Guadalajara, Baleares, Canarias, e algunhas áreas sanitarias de Castela e León, a Comunidade Valenciana e Cataluña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.