Abel Caballero, alcalde ata o 2023

Contan os máis achegados a Abel Caballero que hai días o noso rexedor municipal tivo un incríbel soño que rematou case no delirio.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 18/12/2012

Comparte esta noticia
Parece que, durante a noite, viviu en soños acontecementos que lle roldaban a súa mente dende a hai moitos anos. Soñou que sería alcalde ata o ano 2023. Os comentarios dos seus asistentes directos, deron a coñecer que soñaba cun Vigo sen partidos de oposición. O PP refuxiárase no outeiro encantado de Manolo Pérez e o BNG de Santi Domínguez integrárase ao PC de Abel, do que nunca se foi "Partido Caballero". As únicas cabreadas eran as damas por ser este un partido de case unicamente caballeros.
 
Na corte dos “Caballeros”, a única excepción era Carmela Silva que no soño aparecía como presidenta da Xunta de Galicia, sempre tan ben acompaña por "A Armada Brancaleone" composta por Carlos López Font, Isaura Abelairas Rodríguez, Santos Héctor Rodríguez Díaz, Manuel Fernández Pérez, Chus Lago Rey David Regades etc. Que ao berro de si señor!!! peregrinaban de Vigo a Compostela.
 
Entrementres en Vigo todas as concellarías estaban concentradas nunha soa, a Alcaldía. Cando comezaron os delirios -tan propios dos soños apaixonados- imaxinábase construíndo unha gran beirarrúa de baldosas de granito de Vigo a Madrid, enfeitada con oliveiras e con asentos cada 20 metros, sempre pensando nos maiores e os nenos. A devandita beirarrúa inauguraríase no ano 2024 cando entrase triunfal na Moncloa. Foi xusto no intre en que o soño era tan intenso cando a propia satisfacción e ledicia o espertou. Un pouco axitado ergueuse da cama sen decatarse aínda se era soño ou realidade. Botou unha ollada pola fiestra enxergou a ría e decatouse que non estaba en Madrid. Como é o seu costume quentouse o café da mañá, acendeu a radio e escoitou que un líder da recente formada Alternativa Galega de Esquerda declaraba que nas próximas eleccións do 2015, esta formación non pactaría cun alcalde de dereitas, como é Abel Caballero. Caballero case se queima, co café recén feito, e volveuno deixar sobre a mesa, mentres seguía escoitando.
 
O político Beirista recordaba pola radio que se as eleccións municipais se tivesen realizado en outubro, AGE houbese logrado 6 concelleiros por 7 do PSOE e 3 do BNG. Para rematar o entrevistado recordáballe ao Alcalde que no populoso barrio de Navia, Alternativa Galega de Esquerda fora o partido máis votado.
 
Abel Caballero non puido aguantar, e non foi quen de seguir escoitando os programas radiais "non oficiais" da Alcaldía, apagou o aparello radiofónico e decidiu continuar  soñando.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.