O PSdeG propón organizar un plan de conciliación para apoiar as familias que volven ao traballo

Caballero insta á Consellería de Política Social e á de Educación a "espertar do seu letargo e porse a traballar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propón á Xunta de Galicia organizar un plan de atención á infancia e conciliación para apoiar a todas esas nais e pais que "están a volver ás súas actividades profesionais" nestas fases de desescalada.

O líder socialsita galego apuntou este domingo nun comunicado que a idea é "posibilitar que as familiar teñan mecanismos para que os nenos que non teñen actividade escolar ordinaria poidan estar ben atendidos", en tanto que cada vez "son máis pais e nais os que se incorporan a traballar".

Para Caballero, esta cuestión debe ser abordada pola Consellería de Política Social e a de Educación, ás que insta a "espertar do seu letargo e porse a traballar" para adoptar medidas dirixidas ao apoio dos fogares con adultos traballadores e nenos pequenos.

"Hai que procurar os mellores coidados e atención" durante estes meses nos que é preciso "habilitar mecanismos para apoiar as familias e dar atención aos fillos", subliña o secretario xeral. Ademais, considera que tamén é importante prestar atención a que os nenos e nenas galegos necesitan contar con algún tipo de actividade ata a volta ás aulas o próximo mes de setembro.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta