Volven os mercados agrícolas e de alimentación a Verín

O Concello de Verín acolleu no parque da Alameda o seu primeiro mercado ao aire libre dende a entrada en vigor do estado de alarma. Conforme á normativa dada a coñecer pola consellería do Medio Rural, só houbo produtos agrícolas e de alimentación.

Por X.M. Fernández | Verín | 11/05/2020 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

Foi a primeira feira dende a entrada en vigor do actual estado de alarma, coincidindo coa posta en marcha da "fase 1 da desescalada", e todo transcorreu con normalidade, movemento de clientes e ningunha incidencia.

Un dos postos atendendo á clientela. Foto: Prensa Concello de Verín
Un dos postos atendendo á clientela. Foto: Prensa Concello de Verín

Os postos estiveron separados por unha distancia de 6 metros, o que facilitou aos usuarios e usuarias do mercado respectar a distancia mínima de separación de 2 metros entre cada persoa. Do mesmo xeito, dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras gardaron entre si a distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador en postos que non foi posible esta separación física. Cumprindo indicacións tamén se usaron luvas para tocar os produtos en venda.

A Policía Local vixiou que se respectara a distancia mínima persoal, evitando calquera contacto social que non tivera por obxecto a compravenda. 

Concello de Verín
Concello de Verín | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta