Morre un home tras a picadura dunha avespa velutina en Santiago

Os feitos aconteceron ao carón da vivenda do falecido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2020 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Un home de 54 anos de idade faleceu este domingo pasado despois de sufrir a picadura dunha avespa velutina na contorna da súa vivenda na parroquia de Villestro en Santiago de Compostela.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, os feitos sucederon sobre as 11,25 horas deste domingo no lugar de Reborido, na parroquia compostelá de Villestro.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado para asistir ao home D.G.D., de 54 anos, ao que practicaron manobras de reanimación cardiopulmonar, pero finalmente o home faleceu no lugar, confirmaron fontes sanitarias.

Fontes policiais puntualizaron que os feitos se produciron cando o home de 54 anos, en compañía doutra persoa, se atopaba nas proximidades das súas colmeas de abellas preto do seu domicilio, cando sufriu a picadura dunha avespa velutina.

Ademais do 061, ao lugar acudiron efectivos da Policía Científica da Policía Nacional da Comisaría de Santiago, que se encargaron do atestado, así como un forense.

Vespa velutina. EUROPA PRESS - Arquivo
Vespa velutina. EUROPA PRESS - Arquivo

BUGALLO

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, trasladou este luns o "pésame" á familia do falecido e apostou por reactivar as medidas de loita contra a velutina. O rexedor municipal considerou "necesario" atender este tipo de accións, tendo en conta que a primavera a esta "avanzada" e ante a proximidade do verán.

Neste sentido, recoñeceu que durante o confinamento pola COVID-19 "se estableceron outras prioridades" debido á urxencia da situación, pero considerou que "é necesario recuperar" a loita contra a velutina e atender esta situación de cara á época estival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta