As bibliotecas da Coruña animan a "desconfinar" o galego

Promoven diferentes actividades nunha aposta polo mantemento da conmemoración do día grande da lingua galega.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/05/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O Servizo Municipal de Bibliotecas do Concello da Coruña pon en marcha distintas iniciativas para conmemorar o Día das Letras Galegas, que buscan "desconfinar" o galego.

Segundo informa o Consistorio, "nun contexto dominado polos adiamentos e cancelacións dos principais actos desta efeméride esencial no calendario cultural", "as bibliotecas da cidade lideran unha aposta polo mantemento da conmemoración do día grande da lingua galega".

Xunto a unha campaña de promoción en redes sociais, na que se convida á cidadanía a participar para que que cubra a súa cara con materiais en galego (libros, cd, filmes...), as persoas usuarias das bibliotecas municipais poderán gozar, ata o próximo día 17, dun conxunto de actividades que combinan a homenaxe á figura de Carvalho Calero e a potenciación do galego.

As escritoras María Reimóndez e Fina Casalderrey inaugurarán este conxunto de propostas dedicadas á creación en lingua galega entre as que figuran as actividades orientadas ao apoio de creadores emerxentes.

Entre outras, está a presenza do escritor Xan Lois nos 'Clubs de Lectura' ou a estrea de 'Vieiros de esperanza', un documental de Antón Rodríguez sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero que terá lugar o día 15.

As bibliotecas municipais promoven  unha campaña con motivo do Día dás Letras Galegas. CONCELLO DA CORUÑA
As bibliotecas municipais promoven unha campaña con motivo do Día dás Letras Galegas. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta