Denunciado por ir borracho a dar de comer ás galiñas

Tamén foi denunciada outra veciña de Pantón por ir drogada.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/05/2020 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Tráfico interceptou 15 desprazamentos non autorizados no marco do estado de alarma, así como a un condutor veciño de Boborás que conducía baixo os efectos do alcol, ao obter positivo na alcoholemia, cando ía dar para comer ás súas galiñas.

Segundo informou o Instituto Armado, efectivos do Subsector de Tráfico de Ourense, cando realizaban un punto de control no marco do estado de alarma, na estrada N-541, durante a tarde do pasado domingo, detectaron "15 desprazamentos non regulamentarios", motivo polo que se estenderon actas de denuncia.

Ademais, sobre as 16,00 horas cando identificaron o condutor dun vehículo, veciño de Boborás, que xustificou o seu desprazamento alegando que ía dar para comer ás súas galiñas, os axentes observaron "síntomas evidentes de inxerir alcol". Tras realizarlle a proba de alcoholemia, obtivo resultado positivo, polo que foi denunciado por un delito contra a seguridade do tráfico.

No mesmo punto de control, os axentes identificaron a unha veciña de Pantón (Lugo), que tiña xustificación para transitar pola zona, pero que "mostraba signos sensibles asociados ao consumo de certas sustancias estupefacientes", indicaron as mesmas fontes. Por este motivo, sinalaron as mesmas fontes, realizáronlle o test indiciario de drogas, no que obtivo resultado positivo, a espera de confirmación de laboratorio.

Exemplares da raza Galiña de Mos
Exemplares da raza Galiña de Mos | Fonte: Magrama.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta