A Xunta entrega máis de 45 toneladas de produtos agrarios ao Banco de Alimentos de Ourense

Faino ao amparo da rede Mercaproximidade.

Por E.P. | OURENSE | 12/05/2020 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A Xunta realizará varias entregas de produtos agrarios galegos que sumarán máis de 45 toneladas ao Banco de Alimentos de Ourense doados ao amparo da rede Mercaproximidade.

Precisamente, o director xeral de Gandaría, Agricultura e IndustriasAgroalimentarias, José Balseiros, desprazouse ata O Pereiro de Aguiar para supervisar estas cesións, segundo detallou a Consellería do Medio Rural nun comunicado.

Deste xeito, entregaranse un total de 30 toneladas de patacas, 250 quilos de mel, 800 queixos, 800 ducias de ovos e case 16 toneladas de carne para abastecer as familias máis vulnerables da zona.

En concreto, a adquisición destes produtos realizouse no marco da rede Mercaproximidade, que busca apoiar os produtores galegos afectados o peche dos locais de hostalaría e mercados agroalimentarios que permaneceu vixente ata a última semana. Así, máis de 450 industrias transformadoras e produtores sumáronse como provedores a esta plataforma de venda, que foi posta en marcha o pasado 15 de abril e permanece aberta.

A compra de produtos destinados ao Banco de Alimentos de Ourense por parte da Xunta súmase á entrega de 100 toneladas de patacas ao de Lugo. Así, esta comida distribuíuse nas sedes de Cáritas de toda España. Tamén un produtor da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) doou outras 30 toneladas á entidade lucense. Así mesmo, o Goberno galego cedeu produtos agroalimentarios a distintas organizacións sociais e hospitais da comunidade.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, supervisou a primeira entrega de produtos. XUNTA
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, supervisou a primeira entrega de produtos. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta